Afnix (linguaxe de programación)
Aparencia
Afnix (chamado Aleph ata o 2003) é unha linguaxe de programación funcional mutihilos con alcance dinámico de variables e soporte para o paradigma de programación orientada a obxectos.
O interpretador de Afnix está escrito en C++ e prové integración en tempo de execución que inclúe a posibilidade de instanciar clases de C++, utilizar métodos virtuais, lanzar e atrapar excepcións. Disponse tamén dunha interfase para facilitar a integración de librerías externas.
Afnix está dispoñible para varias versións das plataformas UNIX, Linux e FreeBSD. A documentación inclúe unha guía de usuarios e o material de referencia. Está distribuído como software libre.
Características
[editar | editar a fonte]- Obxectos predefinidos
- Máis de 50 palabras reservadas e predicados. Librerías de listas, vectores, táboas de hash, conxuntos de bits e grafos.
- Programación funcional
- Soporte para lambda-expresións con clausuras explícitas.
- Orientación a obxectos
- Mecanismo de obxectos con herdanza simple e resolución dinámica de símbolos. Extensión de clases predefinidas con posibilidade de reescribir métodos. Membros de clase e métodos estáticos.
- Motor multifios
- Motor multifios con mecanismo de protección automática de obxectos contra acceso concorrente. Mecanismo de bloqueo de lectura e escritura e activación de fíos por obxectos de condición.
- Expresións regulares
- inclúe resultados exactos ou parciais e mecanismo de substitución.