Afzelia africana
Afzelia africana | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Froito e semente | |||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||
Vulnerable | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Nome binomial | |||||||||||
Afzelia africana Sm. |
A afzelia[1] (Afzelia africana) é unha árbore da familia das fabáceas que medra en África occidental, desde Senegal ata Uganda polo leste e a República Democrática do Congo polo sur; acada unha altura de entre 10 e 18 metros nas sabanas e 30-35 nas forestas[2], a súa madeira é moi valorada, aínda que se adoita mesturar para o mercado internacional coas doutras madeiras doutras árbores da mesma especie como a Afzelia bipindesis e a Afzelia pachyloba, comercializándose como doussié ou papao, sendo o Camerún o principal exportador[3]. A súa casca emprégase na medicina tradicional e as súas follas ricas en nitróxeno enriquecen o solo.
Usos
[editar | editar a fonte]A súa madeira foi usada noutrora para a construción naval. Atopouse un barco do século IX afundido fronte a illa de Belitung (Indonesia) cuxo casco estaba feito de madeira de afzelia.[4]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Atópase entre rochas e penedos das forestas con Combretum collinum, Combretum molle e Annona senegalensis, en noiros rochosos, rocha núa, pradeiras arboradas, cavorcos, ribeiras, bosque de galería, tamén en solos secos; aluviais; fendas e en bosques húmidos etc ..
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Afzelia africana foi descrita por James Edward Smith e publicado en Transactions of the Linnean Society of London 4: 221. 1798.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego recomendado por Groba Bouza, F. (2006) en Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira, Universidade de Vigo
- ↑ worldagroforestry.org
- ↑ "Afzelia africana en prota4au.org". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2012.
- ↑ Jackson, Robert (2012). "Navegando por el tiempo: La joya de Mascate". Saudi Aramco World. Consultado o 26 de decembro de 2018.
- ↑ "Afzelia africana". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 29 de xullo de 2014.
- ↑ "Afzelia africana". Conservatorio y Jardín Botánico de Ginebra: Flora africana. Consultado o 21 de xuño de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Afzelia africana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- African Regional Workshop (Conservation & Sustainable Management of Trees, Zimbabwe) 1998. Afzelia africana. 2006 IUCN Lista Vermella de Especies Ameazadas. 20 de agosto de 2007