Age of Empires
- Este artigo trata sobre a serie de videoxogos, para o xogo orixinario vexa Age of Empires (videoxogo).
Age of Empires | |
---|---|
Xénero | videoxogo de estratexia en tempo real |
Modos de xogo | modo cooperativo |
Plataforma(s) | Microsoft Windows |
Na rede | |
https://www.ageofempires.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Age of Empires, abreviado AOE ou Age, é unha serie de videoxogos de estratexia en tempo real desenvolvido por Ensemble Studios e publicada por Microsoft Game Studios.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O primeiro título, Age of Empires, apareceu en 1997; e dende aquela lanzáronse outros tres títulos e seis expansións máis. Todos eles contan con dous modos principais de xogo (mapa aleatorio e campaña) e tratan sobre diferentes eventos históricos que ocorreron realmente.
Os dous primeiros títulos, Age of Empires e Age of Empires: The Rise of Rome, céntranse nos eventos acaecidos en Europa e Asia dende a Idade de Pedra até a Idade clásica, explorando o segundo a formación e expansión do Imperio Romano.
Age of Empires II: The Age of Kings, e a expansión do mesmo Age of Empires II: The Conquerors, céntranse no período que vai dende a Idade Media até a conquista de México. Age of Empires III e as súas expansións, Age of Empires III: The WarChiefs e Age of Empires III: The Asian Dynasties, ambiéntanse na época pre-moderna, a través da colonización europea de América e a expansión de varias nacións de Asia. Un xogo derivado, Age of Mythology, lanzado entre The Conquerors e Age of Empires III, fíxase no período do primeiro Age of Empires, versando sobre as mitoloxías grega, nórdica, exipcia e atlántida.
A saga Age of Empires foi un éxito comercial, vendendo máis de 20 millóns de copias, tendo a popularidade dos xogos de Ensemble Studios gran reputación no xénero.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Age of Empires |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Age of Empires (en inglés)
- Ensemble Studios Arquivado 25 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Forgotten Empires (en inglés)