Aggrotech
O Aggrotech é un xénero musical aparecido cara finais da década dos 90, tamén coñecido coma Terror EBM, Hellektro ou máis raramente coma Endzeit Elektro. O nome é unha aglutinación de Aggresive Techno.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Usado por primeira vez en 1993 para o anuncio do evento Spirit of Electro no Technoclub de Frankfurt/Main e facendo referencia a unha xira americana con bandas como Kevorkian Death Cycle en 1996, o termo evolucionou axiña afastado do seu significado orixinal. Cara finais da década dos 90, empezou a designar unha evolución do electro-industrial e dark electro centrado dalgún xeito en estruturas sonoras estridentes, agresivas e xeralmente beats rápidos cunha grande influencia da música techno e textos xeralmente breves de natureza militante, pesimista ou explícita. É moi típico tamén, que as partes vocais estean distorsionadas na busca dun son áspero, estridente e atonal. Os artistas tamén adoito utilizan estruturas melódicas atonais.
O estilo perdeu bastante auxe a comezos da década de 2000, coa chegada do synthpop e o futurepop na escena electrónica alternativa, mais asemade experimentou un pequeno rexurdir recente en popularidade xunta o xénero power noise pola súa popularidade en clubs de gusto goth/industrial.
Grupos
[editar | editar a fonte]Exemplos de grupos que poderían ser considerados aggrotech inclúen:
- Aghast View.
- Amduscia.
- Combichrist.
- Suicide Commando.
- Die Sektor.
- CeDigest.
- Noise Program.
- wumpscut:.
- Psyclon Nine.
- Dot Execute.
- Hocico.
- Dulce Liquido.
- Life Cried.
- Tactical Sekt.
- Feindflug.
- Virtual Embrace.
- Aslan Faction.
- Grendel.
- Agonoize.
- God Module.
- The Retrosic.
- Funker Vogt.
- Tamtrum.
- Velvet Acid Christ.
- Dawn Of Ashes.
- Servo.Hatred.
- Unter null.
Algúns destes grupos como Aghast View ou wumpscut: pasaron co tempo a unha reestruturación e progresivo cambio a un estilo de música máis melódico e menos agresivo, mentres que outros grupos máis recentes como Psyclon Nine, Agonoize e Virtual Embrace revitalizaron o xénero até o extremo.