Agora ou nunca
Agora ou nunca | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Bucket List |
Director | Rob Reiner |
Produtor | Craig Zadan Neil Meron Alan Greisman Rob Reiner |
Guión | Justin Zackham |
Intérpretes | Jack Nicholson Morgan Freeman |
Música | Marc Shaiman |
Fotografía | John Schwartzman |
Montaxe | Robert Leighton |
Estudio | Castle Rock Entertainment (sen acreditar) |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Hollywood: 15 de decembro de 2007 11 de xaneiro de 2008 1 de novembro de 2014 (TVG) |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $45 500 000[1] |
Recadación | $175 400 000[1] |
Na rede | |
Agora ou nunca (en inglés: The Bucket List) é un filme estadounidense de comedia dirixido por Rob Reiner, producido por Reiner, Alan Greisman, Craig Zadan e Neil Meron, escrito opor Justin Zackham, e protagonizado por Jack Nicholson e Morgan Freeman.[2] O argumento principal xira arredor de dous homes doentes terminais nunha viaxe polas estradas e cunha lista de cousas por facer antes de morrer.
Estreouse o 15 de decembro de 2007 en Hollywood. Tivo unha estrea limitada nos Estados Unidos e no Canadá o 25 de decembro de 2007 e foi distribuído por Warner Bros. A súa grande estrea nos dous países non se produciu até o 11 de xaneiro de 2008, e no Reino Unido até o 8 de febreiro de 2008, e en Australia até o 21 de febreiro de 2008.[3][4] Recibiu críticas diversas pero foi un éxito de recadación, conseguindo máis de $175,4 millóns en todo o mundo.
Estreouse en galego o 1 de novembro de 2014 a través da TVG.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jack Nicholson como Edward Cole
- Morgan Freeman como Carter Chambers
- Sean Hayes como Thomas/Matthew
- Beverly Todd como Virginia Chambers
- Rob Morrow como Dr. Hollins
- Alfonso Freeman como Roger Chambers
- Rowena King como Angelica
- Jennifer DeFrancisco como Emily Cole
- Serena Reeder como Rachel
- Annton Berry Jr como Kai
- Verda Bridges como Chandra
- Destiny Brownridge como Maya
- Brian Copeland como Lee
- Ian Anthony Dale como instrutor
- Noel Guglielmi como mecánico
- Jonathan Hernandez como Manny
- Andrea J. Johnson como Elizabeth
- Jordan Lund como tatuador
- Jonathan Mangum como Richard
- Christopher Stapleton como Kyle
- Alex Trebek como el mesmo
- Taylor Ann Thompson como neta de Edward
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Bucket List (2007)". Box Office Mojo. Consultado o 18 de marzo de 2008.
- ↑ Turner Classic Movies (ed.). "The Bucket List". Consultado o 14 de abril de 2016.
- ↑ The Bucket List (2007) – Release dates
- ↑ "The Bucket List (2007) – Release dates". Internet Movie Database. Consultado o 2007-12-26.
- ↑ "Programación da TVG". Eldía.es. 29 de setembro de 2014. Archived from the original on 20 de novembro de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Agora ou nunca na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2007
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Rob Reiner
- Filmes de Castle Rock Entertainment
- Filmes sobre cancro
- Filmes sobre a morte
- Filmes sobre a vellez
- Filmes rodados en California
- Filmes rodados en Francia
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes ambientados en Hong Kong
- Filmes ambientados en Exipto
- Filmes ambientados no Nepal
- Filmes ambientados en Tanzania
- Filmes de 2007 con versión en galego