Agrestio (bispo de Lugo)
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Bispo diocese de Lugo | |
– Nitixio → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | Bispo |
Agrestio (en latín: Agresti ou Agrestius) foi bispo de Lucus Augusti (Lugo), no Reino Suevo de Galicia, no século V.
Consta a asistencia de Agrestio ao I Concilio de Orange no ano 441. Identifícaselle como autor do "Versus Agresti episcopi de fide ad Avitum episcopum" ("Versos do bispo Agrestio sobre a fe ao bispo Avito"),[1] un poema e carta dirixida a Avito de Braga.
O cronista Hidacio, na súa crónica de 433, suxire que Agrestio tiña tendencias priscilianistas e relata no ano 433:
«In Conventu Lucensi contra voluntatem Agrestii Lucensis Episcopi, Pastor, et Syagrius Episcopi ordinantur»
«No convento lucense contra a vontade de Agrestio, bispo de Lugo, Pastor e Siagrio son ordenados bispos»
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Consello da Cultura Galega (ed.), Documentos da Catedral de Lugo, (Santiago de Compostela, 1998)