Agricultura de guerrilla
Aparencia

A agricultura de guerrilla é unha forma de acción directa non-violenta relacionada coa reforma agraria e o desenvolvemento sustentábel.
Características
[editar | editar a fonte]Os activistas ocupan unha porción de terra erma ou cuxos cultivos ou plantas non lles pertencen, posto que formulan a necesidade de reconsiderar a maneira de tenencia de terras e reclaman así o espazo utilizado de forma errónea para lle asignar un novo propósito e utilidade.
Moitos destes agricultores levan a cabo a súa ocupación durante a noite, en relativo segredo para sementar ou coidar un novo xardín ou plantación. Outros traballan dunha forma máis aberta, buscando a cooperación de membros da comunidade rural local onde leve a cabo.
O acto convértese así nunha forma de activismo ecolóxico.