Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío | |
---|---|
A Casa das Ciencias da Coruña, onde ten a súa sede a agrupación. | |
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 2002 |
Premios | Premio Prismas e Premio Rosalía de Castro de Lingua |
En | A Coruña |
País | Galicia |
43°21′44″N 8°24′45″O / 43.3620889, -8.41255 | |
Na rede | |
http://agrupacionio.com/gl | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío é unha asociación cultural e sociedade científica sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o fomento da afección, estudo, investigación e divulgación da astronomía.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación, obxectivos e características
[editar | editar a fonte]Fundada en 2002, a agrupación ten a súa sede na Casa das Ciencias da Coruña.[1]
Xurdiu como froito da inquietude dun grupo de afeccionados á astronomía cun obxectivo claro: gozar e conseguir que outros gocen coa paixón polas noites estreladas e a ciencia da astronomía. Desde a súa creación foi medrando, desde os trece socios fundadores, até os máis de oitenta membros en 2019.[1]
Trátase dun grupo aberto, no que calquera pode participar: non fan falta coñecementos previos, nin telescopio, nin ningunha titulación, só paixón pola astronomía e ganas de saír a observar un bo ceo estrelado.[1]
Estrela Rosalíadecastro e planeta Riosar
[editar | editar a fonte]A súa iniciativa de nomear a estrela anteriormente identificada como HD 149143, da constelación Ofiúco, e o planeta HD 149143 b asociado a ela, conseguiu que se lle desen os nomes de Rosalíadecastro e Riosar, en referencia a Rosalía de Castro e ao río Sar, respectivamente.[2][3][4]
Congreso Estatal de Astronomía 2020
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A Agrupación logrou que A Coruña sexa en 2020 a sede do XXIV Congreso Estatal de Astronomía. Nunha votación conseguiu o 90 % dos votos; das 39 entidades que se deron cita na edición do encontro, en Cuenca, 35 apoiaron a candidatura da cidade.[5]
Distincións
[editar | editar a fonte]- Premio Prismas 2020.
- Premio Rosalía de Castro de Lingua 2021 na categoría de entidades, "por impulsar a lingua galega nun ámbito tan especializado como a astronomía e sen bagaxe no noso idioma".[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en Facebook.
- ↑ R. Romar (17 de decembro de 2019). "La estrella Rosalía de Castro ya brilla en el cielo". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de decembro de 2019.
- ↑ Marcos Pérez Pena (17 de decembro de 2019): Rosalía xa é unha estrela (e o río Sar un exoplaneta) en praza.gal. Consultado o 18 de decembro de 2019.
- ↑ Fundación Rosalía de Castro (17 de decembro de 2019): Unha estrela en Ofiúco chamada Rosalía de Castro. Consultado o 18 de decembro de 2019.
- ↑ Fernández, Ángela (4 de novembro de 2018). "La Agrupación Ío logra que A Coruña sea la sede del Congreso Estatal de Astronomía". La Opinión A Coruña. Consultado o 18 de decembro de 2019.
- ↑ Diario, Nós. "Xaquín Marín, Agrupación Ío e Twitter en galego gañan os Rosalía de Lingua". Nós Diario. Consultado o 2021-06-15.