Saltar ao contido

Agrupación Cultural Francisco Lanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agrupación Cultural Francisco Lanza
Tipoasociación cultural
Data de fundación1971
SedeRibadeo
PaísGalicia
Na rede
https://acfranciscolanza.blogspot.com/
editar datos en Wikidata ]

A Agrupación Cultural Francisco Lanza é unha asociación cultural creada en Ribadeo no 1971 co fin de traballar pola lingua e a cultura galegas.[1][2] Naceu a partir da celebración, o 25 de xullo de 1969, da primeira feira do libro galego en Ribadeo.

Actividades

[editar | editar a fonte]
Presentación da impresión facsímile do Ribadeo antigo, promovido pola A. C. Francisco Lanza, na sala de lectura da Bilbioteca Pública Viejo Pancho de Ribadeo (2024)
Presentación da impresión facsímile do Ribadeo antigo, promovido pola A. C. Francisco Lanza, na sala de lectura da Biblioteca Pública El Viejo Pancho de Ribadeo (2024)

Dentro da súa actividade, a máis da continuación primeiro, e colaboración despois, coa feira do libro, está a edición anual de Cadernos Ribadenses, as Xornadas de Historia Local ou diversas exposicións, como a mantida en outono de 2024 Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego.[3]

Asemade, tren organizado numerosas charlas/debate, presentacións de libros, recitais poéticos, os paseos da Paco Lanza, as Palabras no balcón, algunha viaxe cultural (como foi a visita ás exposición do “pergamiño Vindel” ou a referida ao cadro de Castelao A derradeira lección do mestre exposto na Cidade da Cultura de Galicia), promoción do libro galego cando o Día das Letras Galegas, algún concerto musical convidando a grupos novos, actividades para pícaros e pícaras, edición anual dun almanaque en galego etc.[4]

Tamén mantén, dende o ano 2022, clases de galego e portugués como vector de difusión da lingua e cultura galegas.

Presidentes da asociación[4]

[editar | editar a fonte]
  1. B. Bouzas (2021-07-14). "50 anos de asociacionismo cultural en Ribadeo da man da AC Francisco Lanza". Nós Diario. Consultado o 2024-11-01. 
  2. Antonio Gregorio (13 de xullo de 2021). "Xornadas de historia local. 50 anos da AC Francisco lanza". 
  3. Antonio Gregorio (1 de novembro de 2024). "Unha placa, unha memoria, en galego (II)". 
  4. 4,0 4,1 "Xosé Farruco, Asociación Francisco Lanza: “Mantivemos o facho aceso da cultura en Ribadeo estes 50 anos"". AMariñaXa. 12 de xuño de 2022. 
  5. "Novo presidente da Agrupación". Novo presidente da Agrupación. Consultado o 2024-11-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]