Agrupación Deportiva Unión Adarve
Unión Adarve | |||
---|---|---|---|
Nome | Agrupación Deportiva Unión Adarve | ||
Fundación | 1992 | ||
Estadio | Polideportivo Municipal Vicente del Bosque, Madrid, España | ||
Capacidade | 1.000 | ||
Presidente | Luis Gómez | ||
Adestrador | Víctor Cea | ||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | ||
2016–17 | 2º (3ª) | ||
Na rede | |||
https://www.unionadarve.com/ | |||
| |||
A Agrupación Deportiva Unión Adarve é un equipo de fútbol español do barrio do Pilar da cidade de Madrid. Fundouse en 1992 e compite na Segunda División B. Ademais, a nivel formativo conta con máis de 30 equipos en diferentes categorías masculinas e femininas do fútbol base da Comunidade de Madrid.
Historia
[editar | editar a fonte]A actual Unión Adarve foi fundada mediante a fusión de dous clubs do barrio do Pilar: a Agrupación Deportiva y Cultural Adarve, creada en 1992 por un grupo de pais, e a Unión Deportiva Barrio del Pilar, xurdida á súa vez de axuntar outras entidades de fútbol afeccionado do distrito de Fuencarral-El Pardo. Nos primeiros anos centrou a súa actividade no fútbol formativo madrileño, tanto en categoría sénior como nas diferentes divisións inferiores.
O debut do primeiro equipo en Terceira División tivo lugar na tempada 2007/08, ao ocupar a praza do desaparecido Club Deportivo Cobeña como mellor clasificado de Rexional Preferente. Con todo, esa experiencia saldaríase cun descenso como pechacancelas. A entidade non volvería a esa categoría ata o ano 2011/12, nesta ocasión como subcampión do grupo I no curso anterior, baixo a dirección de Lolo Escobar. O Unión Adarve asegurou a permanencia nese regreso, e a pesar de contar con escasos medios foi capaz de meterse en dúas promocións de ascenso a Segunda B: en 2013, na que foi eliminado polo Tropezón, e en 2014, na que foi eliminado polo Orihuela.
A partir de 2014, o banco roxinegro foi asumido por Víctor Cea, quen logrou a presenza na fase de ascenso por terceiro ano consecutivo. En todo ese tempo o equipo mantivo unha estrutura de equipo afeccionado, na que futbolistas e corpo técnico compaxinaban os seus cargos con outros empregos. Na tempada 2016/17, o Unión Adarve volvería meterse en playoff, e ao cuarto intento conseguiu un histórico ascenso á Segunda División B. Despois de deixar atrás ao Vilafranca e ao Tarazona, impúxose na última eliminatoria ao Atlético Malagueño para certificar o ascenso.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta negra e vermella, pantalón branco e medias negras.
- Segundo uniforme: Camiseta verde, pantalón negro e medias verdes.
Estadio
[editar | editar a fonte]O Unión Adarve disputa os seus partidos como local no Polideportivo Municipal Vicente del Bosque, unha instalación municipal xestionada polo concello de Madrid que non permite o lucro de entidades privadas, polo que o Unión Adarve non pode cobrar entrada a ningún espectador nos seus partidos como local. O campo de fútbol é de céspede artificial, conta con aforamento para 1.000 espectadores e caracterízase pola presenza ao fondo do Cuatro Torres Business Area.
As categorías inferiores disputan os seus partidos en dúas instalacións situadas no barrio do Pilar. Os equipos a partir de alevíns, o xuvenil e o feminino xogan en Vereda de Ganapanes, mentres que os equipos benxamíns utilizan o Campo de Isla de Tabarca, preto da estación de Peñagrande, onde ademais está a sede social da entidade.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Historial por tempadas
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Posición | Copa do Rei |
---|---|---|---|
2006/07 | Preferente | 3º | |
2007/08 | 3ª | 21º | |
2008/09 | Preferente | 5º | |
2009/10 | Preferente | 6º | |
2010/11 | Preferente | 2º | |
2011/12 | 3ª | 12º | |
2012/13 | 3ª | 4º | |
2013/14 | 3ª | 3º | |
2014/15 | 3ª | 4º | |
2015/16 | 3ª | 6º | |
2016/17 | 3ª | 2º | |
2017/18 | 2ªB | 2ª rolda |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Terceira División (1): 2016-17