Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas
Aparencia
Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas | |
---|---|
Iniciativa cidadá | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Alfonso Rodríguez Santiago |
Historia | |
Fundación | 2015 |
Disolución | 20191 |
Representación | |
Concelleiros en Ponte Caldelas | 2 / 13 |
1 Integración no PSdeG-PSOE | |
A Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas foi un partido político, de corte independente, xurdido no concello de Ponte Caldelas en abril do ano 2015. Liderado por Alfonso Rodríguez Santiago, o partido naceu, en parte, arredor do movemento de oposición á instalación dun crematorio[1] na Reigosa. Participou nos comicios municipais de maio de 2015, obtendo o 14,9 % das papeletas e 2 asentos[2] na corporación. Na investidura, apoiaron[3] como alcalde ao socialista Andrés Díaz Sobral, co cal pasaron a gobernar en coalición. En 2019 o grupo integrouse nas listas do PSdeG-PSOE[4], revalidando esta formación o goberno con maioría absoluta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los anticrematorio crean AVP y hoy eligen al alcaldable en asamblea". El Progreso de Lugo. Consultado o 2016-01-29.
- ↑ "Eleccións 24M: Perfecto Rodríguez perde a maioría absoluta en Ponte Caldelas - Pontevedra Viva". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2016-01-29.
- ↑ "Andrés Díaz, primeiro alcalde socialista de Ponte Caldelas mentres que na Lama, Jorge Canda cumpre 20 anos como rexedor - Pontevedra Viva". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2016-01-29.
- ↑ Díaz integra a la Agrupación Veciñal en la lista del PSOE de Ponte Caldelas
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |