Saltar ao contido

Agus Medina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAgus Medina

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Agustín Medina Delgado Editar o valor en Wikidata
8 de setembro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Barberà del Vallès, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2015 CE Sabadell FC B 52(7)
2014– CE Sabadell

Agustín "Agus" Medina Delgado, nado en Barberà del Vallès o 8 de setembro de 1994, é un futbolista español que xoga como centrocampista ou lateral dereito no Albacete, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Barberà del Vallès, Barcelona, formouse como futbolista na canteira do Valencia, na que ingresou con 14 anos. En xullo de 2013 pasou ao filial do Sabadell.

Xogou de xeito habitual co filial, co que conseguiu o ascenso á Terceira División, e o 24 de agosto de 2014 debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun encontro ante o Real Betis.[1]

Celta B e Cornellà

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2016 asinou co Celta de Vigo B, da Segunda División B,[2] no que xogou durante dous anos, antes de pasar ao Cornellà.[3]

Birmingham City

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2019/20, asinou polo Birmingham City do Championship inglés.[4] Sen apenas minutos co club de Birmingham, o 15 de xaneiro de 2020 volveu ao Cornellà como cedido. Xogou nove partidos e marcou un gol antes de que a pandemia de COVID-19 paralizase todos os campionatos de fútbol. Posteriormente disputou a promoción de ascenso e un gol seu nas semifinais levou o seu equipo á final,[5] onde finalmente caeu por 1-0 ante o Castellón.

Na tempada 2021/22 quedou de novo sen oco no Birmingham, adestrado por Aitor Karanka, e volveu saír cedido ao Cornellà. Titular habitual, participou da eliminación na Copa do Rei do Atlético de Madrid, líder da Primeira División. Rematou a tempada con sete goles en 26 partidos de liga.

Ponferradina

[editar | editar a fonte]

No medio do interese de clubs como o Burgos CF, o Ibiza ou o Deportivo da Coruña, o xogador acabou fichando pola Ponferradina, da Segunda División.[6]

O 23 de xullo de 2023, tras o descenso da Ponferradina, asinou un contrato de tres anos con outro club da categoría de prata, o Albacete Balompié.[7]

  1. "El Betis vence con susto". Marca (en castelán). 24 de agosto de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2024. 
  2. "Agus Medina, refuerzo versátil para el Celta B" (en castelán). 3 de agosto de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2024. 
  3. "BIENVENIDO, AGUS MEDINA". 14 de xullo de 2018. Consultado o 28 de setembro de 2024. 
  4. "Birmingham City: Midfielders Agustin Medina and Ivan Guzman sign" (en inglés). 29 de xullo de 2019. Consultado o 28 de setembro de 2024. 
  5. "Agus Medina deja al Cornellà a un solo paso de Segunda" (en castelán). 23 de xullo de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2024. 
  6. "Agus Medina se une al proyecto del centenario berciano" (en castelán). 3 de xullo de 2021. Consultado o 28 de setembro de 2024. 
  7. "Agus Medina acepta el desafío" (en castelán). 23 de xullo de 2023. Consultado o 28 de setembro de 2024.