Agustín Carrascosa Carbonell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 ![]() Alacant, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Agustín Carrascosa Carbonell, nado en Alacant en 1897, foi un comerciante e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na República militou no Partido Republicano Radical Socialista do que foi secretario da Xunta Provincial de Alacant. Despois ingresou en Unión Republicana e foi nomeado gobernador civil de Ourense o 28 de febreiro de 1936, permanecendo no posto até o 7 de xuño; o 14 de xuño foi nomeado gobernador civil de Huesca.
Ante a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantivo unha actitude ambigua. O 19 de xullo resignou o mando. Sufriu arresto domiciliario. Marchou a Zaragoza e despois a Burgos onde foi controlado, pero non o molestaron por orde do xeneral con mando na praza. O 22 de xaneiro de 1937 foi detido acusado de dar armas e vehículos en Huesca, e ingresou en prisión ao día seguinte. Foi condenado a trinta anos de cárcere dos que cumpriu pouco máis de tres.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Isabel Moltó Villalobos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 6 de outubro de 2014.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sobre a súa actuación como Gobernador civil de Huesca Arquivado 13 de xuño de 2013 en Wayback Machine.