Saltar ao contido

Agustín Díaz Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAgustín Díaz Sánchez
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de agosto de 1986 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor en Wikidata
Busto de Agustín Díaz Sánchez na praza de San Cristovo das Viñas.

Agustín Díaz Sánchez, nado na Coruña en 1911 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 1986,[1] foi un mestre galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro emprego foi nas Escolas Populares Gratuítas da Cidade Vella. Foi na escola pública da parroquia de San Cristovo das Viñas onde exerceu a maior parte do seu labor docente pois foi mestre dela durante corenta e sete anos, desenvolvendo unha intensa actividade alfabetizando a moitos veciños e asistindo a doentes. Tamén dirixiu o Colexio Alborada.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Polo seu labor social, recibiu en 1978 a Cruz de Afonso X o Sabio. O 27 de maio de 2009 foi descuberto o seu busto na praza de San Cristovo das Viñas.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Mercedes García Caridad e foi pai de Agustín, Jesús Arsenio, María del Pilar e Gustavo Díaz García.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-8-1986, p. 59.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]