Agustín Gallego
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) Castro de Rei, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Agustín Gallego Vigo, nado en Castro de Rei en 1970, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Establecido en Lugo é o propietario dunha empresa de servizos.
En 2012 foi elixido para encabezar as listas de UPyD ás eleccións galegas pola provincia de Lugo, onde colleitou uns resultados por baixo do 1% dos sufraxios. En maio de 2015 encabezou a candidatura desta formación ás eleccións municipais pola capital luguesa, se ben non conseguiu acta de concelleiro, neste caso con algo máis do 1% dos votos. Uns meses máis tarde volveu encabezar a candidatura de UPyD, desta vez ás eleccións xerais, pola provincia de Lugo.