Agustín de Foxá
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Agustín de Foxá y Torroba 28 de febreiro de 1906 calle de Atocha, España (pt) |
Morte | 30 de xuño de 1959 (53 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro 40°24′01″N 3°43′47″O / 40.400247, -3.729769 |
Educación | Colegio Nuestra Señora del Pilar (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, diplomático, poeta |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Outro | |
Título | Conde |
Pais | Narciso de Foxá y Rodríguez de Arellano e María de las Candelas Torroba y Goicoechea |
Irmáns | Jaime de Foxá Ignacio de Foxá y Torroba |
Premios | |
Agustín de Foxá Torroba, nado en Madrid o 28 de febreiro de 1906[1] e finado na mesma cidade o 30 de xuño de 1959, foi un poeta, novelista, periodista e diplomático español. III conde de Foxá e IV marqués de Armendáriz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus primeiros versos publicounos en De todo un poco, revista do Colexio do Pilar. Estudou Dereito na súa cidade natal; en 1930 ingresou na carreira diplomática e foi destinado a Sofía e Bucarest. O seu colega Edgar Neville foi unha das súas primeiras amizades literarias. Colaborou en revistas como La Gaceta Literaria, Héroe e Mundial, e na prensa diaria (en ABC desde 1930). O seu primeiro libro, La niña del caracol (Madrid, 1933), con dedicatorias a Ramón Gómez de la Serna, María Zambrano e Marichalar, foi editado e prologado por Manuel Altolaguirre; mestura elementos do Modernismo con outros procedentes das Vangardas e o 27. Antes da guerra só publicou outro libro, El toro, la muerte y el agua (Madrid: Imprenta de Galo Sáez, 1936), con prólogo de Manuel Machado.
A Guerra Civil atopouno en Madrid, onde acababa de tributárselle unha homenaxe con motivo de ser destinado ao Consulado de España en Bombai; como era aristócrata, estivo a piques de ser fusilado, como escribe ao seu irmán:
O día 21 de xullo estiven a piques de ser fusilado. Eran as catro da tarde cando oín gritos e blasfemias e empezaron a golpear a porta coas culatas. Dei orde ao ama que abrise e entraron oito facinorosos que me apuntaron[2]
Ao cabo marchou a Bucarest como Secretario de Embaixada na Representación Diplomática da República, desde onde, tras uns meses de dobre xogo, uniuse ao bando nacional. Participou en diversas revistas da Falanxe, como Xerarquía e Vértice, e máis tarde dirixiu Legiones y Falanges, publicación bilingüe en español e italiano. Como diplomático estivo destinado ademais en Roma, de onde foi expulsado en 1940 baixo a acusación de espionaxe, en Helsinqui (en 1942 visita a fronte de Leningrado acompañado polo escritor Curzio Malaparte) e en Buenos Aires (1947-1950), onde obtivo un profundo coñecemento da realidade española e internacional. Ingresou nas filas falanxistas na turbulencia dos anos trinta. Deu numerosas conferencias por Hispanoamérica, onde ás veces atopou a oposición dos exiliados republicanos. Recibiu o premio Mariano de Cavia en 1948 e en 1959 foi nomeado académico de número da RAE na cadeira Z, aínda que non chegou a tomar posesión.
A finais de 1949 e comezos de 1950, participou[3] na "misión poética"[4] cos poetas Antonio de Zubiaurre, Luís Rosales e Leopoldo Panero, percorrendo diferentes países iberoamericanos (entre outros Honduras) previamente ao restablecemento de relacións diplomáticas entre estes países e o réxime de Franco. Nese mesmo ano (1950) é destinado á Embaixada española da Habana, e volve a España en 1955, ano en que é elixido ademais académico na Real Academia Española sucedendo a Agustín González de Amezúa, pero morreu o 30 de xuño de 1959 sen pronunciar o seu discurso de ingreso.
Obra
[editar | editar a fonte]- Obras completas, Madrid: Prensa Española, I, 1963; II, 1971 e III, 1976: tres vols. — o cuarto non chegou a publicarse.
Artigos na prensa
[editar | editar a fonte]- Nostalgia, intimidad y aristocracia
- Un mundo sin melodía (1950).
- Artículos selectos
Poesía lírica
[editar | editar a fonte]- La niña del caracol, 1933.
- El toro, la muerte y la agua (Madrid: Imprenta de Galo Sáez, 1936)
- El almendro y la espada, 1940.
- Poemas a Italia
- Antología poética 1933–1948, Madrid, 1949.
- El gallo y la muerte, 1949.
Novela
[editar | editar a fonte]- Madrid, de Corte a checa (Salamanca: Jerarquía, 1938; segunda edición corrixida e aumentada San Sebastián: Librería Internacional, 1938).
- Misión en Bucarest y otras narraciones
- Historias de ciencia ficción.
Teatro en verso
[editar | editar a fonte]- Cui-Ping-Sing (1940).
- El beso a la bella durmiente.
Teatro en prosa
[editar | editar a fonte]- Baile en capitanía (1944).
- Gente que pasa.
- Otoño del 3006, distopía futurista.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sagrera, Luis 1967: Agustín de Foxá y su obra literaria. Cuadernos de la Escuela Diplomática, Madrid.
- ↑ El día 21 de julio estuve a punto de ser fusilado. Eran las cuatro de la tarde cuando oí gritos y blasfemias y empezaron a golpear la puerta con las culatas. Di orden al ama que abriera y entraron ocho facinerosos que me apuntaron
- ↑ Foxá y Honduras
- ↑ Viaje de Tres poetas a América en ABC, 29-11-1949.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obituarios de Agustín de Foxá no ABC de Sevilla de 1 de xullo de 1959.
- «In memoriam: 50 años sin Agustín de Foxá» — artigo nun blog de WordPress.
- «Agustín de Foxá, proscrito por la progresía» — artigo de José Antonio Navarro Gisbert.