Ahmad ibn Fadlan
Nome orixinal | (ar) أحمد بن فضلان ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 879 ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | c. 960 ![]() |
Datos persoais | |
Relixión | Islam ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bulgaria do Volga ![]() |
Ocupación | explorador , diplomático , xeógrafo , viaxeiro ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século X ![]() |
Lingua | Árabe ![]() |
Obra | |
Obras destacables
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b2/Ibn_Fadhlan_manuscript.jpg/240px-Ibn_Fadhlan_manuscript.jpg)
Ahmad ibn Fadlān ibn al-Abbās ibn Rāšid ibn Hammād (en árabe: أحمد بن فضلان بن العباس بن راشد بن حماد) foi un escritor e viaxeiro árabe do século X que escribiu unha crónica das súas viaxes como membro da embaixada do Califato Abasí de Bagdad ó rei dos protobúlgaros do Volga, o Kitāb ilà Malik al-Saqāliba (كتاب إلى ملك الصقالبة). O seu relato é moi coñecido, xa que proporciona unha descrición dos viquingos do Volga, incluíndo o seu testemuño ocular dun enterramento viquingo cun barco funerario.
A embaixada[editar | editar a fonte]
Ahmad ibn Fadlan foi enviado dende Bagdad en 921 para servir como secretario dun embaixador do califa abasí Al-Muqtadir ó iltäbär (rei vasalo baixo os kházaros de Bulgaria do Volga, Almış.
O obxectivo da embaixada consistía en que o rei da capital Bolghar rendese homenaxe ó califa al-Muqtadir e, en troques, dar ó rei cartos para financiar a construción dunha fortaleza, dunha mesquita e para converter aos protobúlgaros ao islam. Aínda que acadaron Bolghar, a misión fracasou porque á altura do Volga, a caravana foi apresada por un grupo de viquingos, os Rus, de onde procede o nome de Rusia, que os levaron canda si, para realizar as súas campañas nórdicas.
Xa de volta, Ibn Faldlan entregoulle un documento ó califa, amosando as causas polas cales non puido completar a misión que lle mandaran. Con base a este documento, espallado por todo o mundo, Michael Crichton escribiu a súa obra Eaters of the Dead; a cal á súa vez, serviu de base para o filme The 13th Warrior.