Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A dinastía aiúbida[1] (en árabe: الأيوبيونal-Ayyūbīyūn; en kurdo: خانەدانی ئەیووبیانXanedana Eyûbîyan) foi unha dinastía musulmá de orixe kurda[2][3][4] fundada por Saladino e centrada no Exipto. A dinastía gobernou grandes partes do Oriente Medio durante os séculos XII e XIII. Saladino converteuse en visir do Exipto fatimita en 1169, antes de abolir os fatimitas en 1171. Tres anos despois, proclamouse sultán após a morte do seu mestre, o gobernante zenguitaNur ad-Din.[5] Durante a seguinte década, os aiúbidas lanzaron conquistas ó longo da rexión e en 1183, os seus dominios abranguían o Exipto, a Siria, a alta Mesopotamia, o Hejaz, o Iemen e a costa do norte da África até a fronteira da actual Tunisia. A maioría dos estados cruzados, caeron baixo o poder de Saladino despois da súa vitoria na batalla de Hattin, en 1187, inclusive o Reino de Xerusalén. Porén, os cruzados recuperaron o control da liña costeira da Palestinea na década de 1190.