Aicha Duihi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX O Aaiún |
Educación | Universidade Cádi Ayyad (pt) Mohammed V University at Agdal (en) IAE de Poitiers (en) |
Actividade | |
Ocupación | Activista polos dereitos humanos |
Aicha Duihi é unha activista saharauí dos dereitos humanos e que é a presidenta do Observatorio do Sáhara para a Paz, Democracia e Dereitos Humanos que defendeu os campamentos da Fronte Polisario na Vilaia de Tindouf no suroeste de Alxeria na fronteira co Sáhara Occidental. Especificamente, Duihi actúa como portavoz das persoas secuestradas e cativas que se atopan recluídas nos campamentos da Fronte Polisario e busca combater a propaganda e desinformación dirixida ás mulleres vulnerábeis.[1] En 2019, gañou o Premio Europeo ó Liderado Internacional de Mulleres no Parlamento europeo.[2]
Como presidenta do Observatorio do Sáhara, Duihi é responsable de comunicarse con outras ONGs sobre áreas de preocupación e interese. Coa Rede Independente de Dereitos Humanos e a Liga do Sáhara para a Democracia e os Dereitos Humanos, Duihi emitiu un comunicado que condena o silencio internacional sobre o estado dos campamentos da Fronte Polisario en Tindouf e Lahmada, especificamente incidindo nos xuízos arbitrarios e arresto de periodistas e activistas de dereitos humanos.[3]
Duihi tamén premeu ó Consello de Seguranza da Nacións Unidas para abordar a desigualdade e a discriminación baseadas no sexo no que respecta ó papel das mulleres no establecemento da paz na rexión.[1] Con este fin, colaborou na creación de numerosas iniciativas e proxectos cidadáns dirixidos á mellora das condicións dos nenos, así como a iniciativas que procuran frear o tráfico humano.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Aïcha Duihi : Le Polisario aggrave la situation des femmes dans les camps" (en francés). Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "Aicha Duihi, la militante qui sillonne le monde pour plaider la cause des séquestrés à Tindouf" (en francés). 8 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ "Le climat de terreur instauré par le «Polisario» à Tindouf suscite l’indignation des ONG des droits de l’Homme" (en francés). 15 de xuño de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2020.