Saltar ao contido

Aida Fernández Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAida Fernández Ríos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1947 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de decembro de 2015 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Moaña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbióloga mariña, climatóloga Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1378375 BUSC: fernandez-rios-aida-de-la-aurora-1947 Dialnet: 1231001

Aida Fernández Ríos, nada en Vigo en 1947 e finada en Moaña o 22 de decembro de 2015,[1] foi unha bióloga galega, membro da Real Academia Galega de Ciencias.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Comercio de Vigo e traballou na súa mocidade nunha imprenta.[2] Posteriormente comezou a traballar como axudante no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o que a levou a estudar de novo e a licenciarse en Bioloxía pola Universidade de Santiago.[3]

Incorporouse de novo ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, do que foi a súa directora entre 2006 e 2011. O seu labor investigador centrouse nos niveis de dióxido de carbono no mar, en particular do causada polo ser humano, e polos niveis de acidez dos océanos. En 2015 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias, na súa sección de Bioloxía, e no seu momento foi a terceira muller que ingresaba, logo de María José Alonso e de Alicia Estévez.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Faleceu atropelada en Moaña[4][5].

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2020 a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra organizaron a I Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, co fin de promover o interese do público xeral e impulsar o labor científico levado a cabo en Galicia[6] con continuidade en 2021.[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]