Air Madagascar
Air Madagascar | ||
---|---|---|
IATA MD | OACI MDG | Indicativo AIR MADAGASCAR |
Fundación | 1947 | |
Aeroporto principal | aeroporto internacional Ivato | |
Plan de voo frecuente | Namako | |
Alianza | Vanilla Alliance | |
Frota | 10 | |
Destinos | 17 | |
Páxina web: https://www.airmadagascar.com |
Société Nationale Malgache de Transports Aériens, Société Anonyme,[1] operando como Air Madagascar, é a aeroliña nacional de Madagascar con sede en Antananarivo.[1] Opera servizos cara Europa, Asia e África dende a súa base principal no aeroporto internacional Ivato en Antananarivo. A compañía tamén opera unha extensa rede doméstica.
A aeroliña naceu no ano 1947 para alimentar voos de Transports Aériens Intercontinentaux e Air France, e tras a independencia de Madagascar converteuse na aeroliña de bandeira do país. Inicialmente operaba servizos domésticos, pero a compañía expandiuse a finais dos 60 cando comezou a operar rutas internacionais a destinos como Francia e Suráfrica.
Nos últimos anos intentrouse privatizar a compañía sen éxito. O proceso de privatización atópase parado e a aeroliña pertence na súa maior parte ao goberno de Madagascar.
En outubro de 2021, Air Madagascar, colocada baixo control, fusionarase coa súa filial Tsaradia para relanzar e converterse en Madagascar Airlines.
Frota
[editar | editar a fonte]En maio de 2018 a frota de Air Madagascar estaba formada polos seguintes avións:[2]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
C | Y+ | Y | Total | ||||
Airbus A340-300 | 2 | — | 30 | 21 | 224 | 275 | |
ATR 72-500 | 2 | — | 8 | — | 62 | 70 | |
ATR 72-600 | 2 | — | 10 | — | 62 | 72 | |
Boeing 737-800 | 1 | — | 8 | — | 156 | 164 | |
de Havilland Canada DHC-6-300 Twin Otter | 3 | — | — | — | 19 | 19 | |
Total | 10 | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Air Madagascar (ed.). "Contact". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018.
- ↑ Air Madagascar (ed.). "Flotte et maintenance". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da aeroliñaArquivado 13 de agosto de 2014 en Wayback Machine.