Air Namibia
Air Namibia | ||
---|---|---|
IATA SW | OACI NMB | Indicativo NAMIBIA |
Fundación | novembro de 1946 | |
Fin das operacións | 11 de febreiro de 2021 | |
Aeroporto principal | aeroporto Hosea Kutako | |
Plan de voo frecuente | Reward$ | |
Frota | 10 | |
Destinos | 18 | |
Holding | Goberno de Namibia | |
Eslogan da compañía | Carrying the spirit of Namibia | |
Sede | Windhoek | |
Páxina web: http://www.airnamibia.com |
Air Namibia (Pty) Limited, comercializada como Air Namibia,[1] foi a aeroliña nacional de Namibia,[2] con sede en Windhoek.[3] Operaba voos regulares domésticos, rexionais e internacionais de pasaxeiros e servizos de carga. Tiña o seu centro de conexións internacional no aeroporto Hosea Kutako e un centro de conexións doméstico no máis pequeno aeroporto Eros, ámbolos dous en Windhoek.
A aeroliña era totalmente propiedade do goberno de Namibia.[1] Air Namibia era membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional e da Asociación de Aeroliñas Africanas.[4][5]
O 11 de febreiro de 2021 o goberno namibio anunciou o cesamento inmediato de operacións e a liquidación de Air Namibia debido ás súas débedas e a anos de dependencia económica do estado. Nese momento a compañía teña 9 aeronaves e uns 600 traballadores.[6]
Frota
[editar | editar a fonte]A frota Air Namibia estaba formada polos seguintes avións:[7]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||||
Airbus A319-100 | 4 | — | 16 | 96 | 112[8][9] | |||
Airbus A330-200 | 2 | — | 30 | 214 | 244[10] | |||
Embraer ERJ 135ER | 4 | 2[11] | — | 37 | 37 | |||
Embraer ERJ 145ER | — | 4[11] | — | 50 | 50 | |||
Total | 10 | 6 | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Air Namibia (ed.). "Company profile". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2023. Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ All Africa (ed.). "Namibia: Air Nam Reduces Flights". Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ Air Namibia (ed.). "Contact us". Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ IATA (ed.). "Current Airline Members". Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ AFRAA (ed.). "AFRAA Current Members". Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ "Air Namibia ist am Ende". aeroTELEGRAPH (en alemán). 2021-02-11. Consultado o 2022-01-07.
- ↑ Planespotters (ed.). "Air Namibia Fleet Details and History". Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ All Africa (ed.). "Namibia: National Airline Enters New Era". Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ The Namibian (ed.). "New Air Namibia Plane Arrives". Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ Namibia Economist (ed.). "Air Namibia Introduces New Planes". Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ 11,0 11,1 African Aerospace (ed.). "Air Namibia approves acquisition of six Embraer airliners". Consultado o 9 de maio de 2018.