Aires del Miño
Aires del Miño | |
---|---|
Fundación | 1926 |
Localidade | Arbo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aires del Miño foi un semanario editado en Arbo entre 1926 e 1927.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario local independiente. Defensor de los distritos de La Cañiza, Cobelo, Nieves, Cortegada, Creciente y Arbo,[2] apareceu en agosto de 1926.[3] Dirixido por José González Sarandón, o seu fillo Manuel González Estévez era redactor,[4] e Luís Calle o administrador e tamén redactor.[5] Entre os seus colaboradores figuraba Dámaso Pérez Valenzuela. Foi defensor e propagandista das sociedades de emigrantes do distrito en América. O seu correspondente en Buenos Aires era Florentino Márquez Estévez. Publicaba noticias dos concellos da Cañiza, Covelo, Crecente, Cortegada, As Neves e Arbo; crónicas, poemas e relatos en galego. Tivo problemas coa censura a finais de 1927 e foi multado.[6]