Aitor Córdoba
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (eu) Aitor Córdoba Kerejeta ![]() 21 de maio de 1995 ![]() Bilbao, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,91 m ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Iñigo Córdoba Asier Córdoba ![]() |
Aitor Córdoba Querejeta, nado en Bilbao o 21 de maio de 1995) é un futbolista vasco que xoga como defensa central no Burgos, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado na canteira da SD Leioa, debutou co primeiro equipo na Terceira División na tempada 2012/13, e na campaña seguinte logrou o ascenso a Segunda División B. A partir de 2014 consolidouse como titular no Leioa e converteuse no capitán do equipo.[1] Militou no club ata xuño de 2019, cando fichou polo Burgos.[2]
Titular habitual na súa primeira tempada, xogou principalmente como suplente na segunda, na que o seu equipo regresou a Segunda División despois de 19 anos de ausencia. Debutou na categoría o 15 de agosto de 2021, ante o Sporting de Gijón.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Os seus tres irmáns menores son futbolistas: Íñigo e Asier, ambos extremos, saíron da canteira do Athletic de Bilbao, mentres que a súa irmá Ainhoa xogou no Leioa.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrevista. Aitor Córdoba: ‘Perder tantos puntos en los últimos minutos no era normal'" (en castelán). 19 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Aitor Córdoba, nuevo fichaje del Burgos" (en castelán). 30 de xuño de 2019. Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Djurdjevic sigue igual" (en castelán). 15 de agosto de 2021. Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Una infancia entre balones" (en castelán). 17 de setembro de 2024. Consultado o 26 de xaneiro de 2025.