Al-Mutawakkil
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ar) أبو الفضل جعفر المتوكل على الله ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | marzo de 822 ![]() Samarra, Iraq ![]() |
Morte | 11 de decembro de 861 ![]() Samarra, Iraq ![]() |
Causa da morte | homicidio, magnicidio ![]() |
10º Califa abbásida | |
10 de agosto de 847 – 10 de decembro de 861 ← Al-Mu'tasim (pt) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Califa ![]() |
Familia | |
Familia | Abbásida ![]() |
Parella | Faḍl al-Yamamiya Bunān Mahbuba Qabiha ![]() |
Fillos | Al-Mu'ayyad ( ![]() Al-Muntasir ( ![]() Almuafaque ( ![]() Al-Mu'tamid ( ![]() Al-Mu'tazz ( ![]() ![]() |
Pais | Al-Mu'tasim ![]() ![]() |
Irmáns | Al-Wathiq Al-Musta'in ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 ![]() |

Al-Mutawakkil Ala Allah Jafar bin al-Mu'tasim, nado en marzo de 821 e finado en decembro de 861, foi o décimo califa abasí, que reinou o seu imperio dende Samarra entre os anos 847 e 861, sucedendo ó seu irmán Al-Wathiq.

Apaixonado polas grandes construcións arquitectónicas, converteu á cidade de Samarra nunha das máis monumentais da súa época, construíndo nela 20 palacios.
No tocante á política, arrebatoulle Sicilia ós bizantinos. Dentro dos territorios do califato amosouse tolerante durante os primeiros anos do seu goberno, pero mais adiante marxinou a xiítas, cristiáns e xudeus, mandando ademais destruír igrexas, sinagogas e o importante santuario xiíta de Husayn ibn Ali en Kerbala.
A pesar desas accións, o reinado de al-Mutawakkil recórdase polas súas numerosas reformas, e considérase a época dourada do califato abasí.
Al-Mutawakkil empregou escravos turcos para reprimir revoltas internas e defenderse das invasión externas, e finalmente morreu asasinado por un deses escravos turcos, sospéitase que inducido polo seu propio fillo Al-Muntasir, quen ocupou o trono trala súa morte dende o ano 861.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Gran Mesquita de Samarra (en inglés)
- O decreto de 850 de al-Mutawakkil (en inglés)