Al-fakik
Aparencia
Al-fakik | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | Cráter de impacto |
Corpo astronómico | Encélado |
Datos xeográficos | |
Diámetro | 15,2 km |
Identificadores | |
GoPN | 14241 |
Al-Fakik é un cráter de impacto no hemisferio norte da lúa de Saturno, Encélado. Al-Fakik foi observado por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Cassini durante a misión de sobrevoo de Encélado, acontecida en febreiro de 2005. Está situado a 35,52 ° N e 306,55 ° O, e ten un diámetro de 15,2 quilómetros.[1] A topografía do cráter de impacto aparece moi afundida, suxerindo que o cráter sufriu unha significativa relaxación viscosa dende a súa formación. Ademais, as fracturas perturbaron a marxe sueste do cráter.
Al-Fakik leva o nome do irmán cego e linguateiro do barbeiro de Bagdad, cuxa historia está narrada nos contos das Mil e unha noites.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Planetary Names: Crater, craters: Al-fakik on Enceladus". Consultado o 18-08-2020.