Saltar ao contido

Alaa al-Aswani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlaa al-Aswani

(2011) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) علاء الأسواني Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) علاء الدين عباس الأسواني Editar o valor en Wikidata
26 de maio de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
O Cairo, Exipto Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Cairo
Universidade de Illinois Chicago (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela, conto e ensaio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, escritor de contos, escritor de non ficción, guionista, odontólogo, novelista, activista político Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiQ31797317 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1818131 Allocine: 154535
Facebook: AlaaAlAswanyAuthor Twitter: AlaaAswany Youtube: UCMH83DNDkapjiv-76UNGuCQ BNE: XX1799549 Editar o valor en Wikidata


Alaa al-Aswany é un escritor exipcio nado en 1957.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alaa Al Aswany estudou a carreira de odontoloxía, primeiro en Exipto e máis tarde en Chicago (Estados Unidos). Finalizou a carreira na University of Illinois en Chicago, onde estableceu a súa residencia durante un tempo. En total morou 17 anos na cidade estadounidense.

Ademais de ser dentista e escritor, ten contribuído con numerosos artigos en xornais exipcios (moitos deles traducidos regularmente a xornais europeos e americanos), principalmente con temática social e política. A sociedade exipcia, a relación entre os distintos estratos sociais así como conflitos políticos, relixiosos e sexuais son a base da súa literatura.

Saltou á fama internacional trala publicación da súa segunda novela O edificio Yacoubian (Imārat Ya‘qūbiān -عمارة يعقوبيان) no ano 2003. Trátase dunha irónica descrición da sociedade exipcia moderna. En 2006 foi adaptada ó cinema e no 2007 á televisión. A súa terceira novela, Chicago (شيكاجو), publicouse en 2007. Se ben a práctica totalidade na novela discorre na cidade norteamericana, tamén é unha descrición da sociedade exipcia a través da numerosa colonia exipcia residente no estado americano de Illinois. Nesta novela, se cadra é máis crítico coa corrupción no seu país. A súa segunda novela foi un éxito de vendas en todo o mundo árabe, ocupando durante catro anos os postos de libros máis vendidos, sendo superado despois por Chicago.

Na actualidade, despois do éxito de vendas, segue a compaxinar o seu traballo de dentista co de escritor.