Alan Hale
(2005) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1958 (66 anos) Tachikawa, Xapón |
Relixión | Ateísmo |
Educación | New Mexico State University (en) - Doutor en filosofía (–1992) Academia Naval dos Estados Unidos (pt) |
Actividade | |
Ocupación | astrónomo |
Membro de |
Alan Hale, nado en Tachikawa (Xapón) en 1958, é un astrónomo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a súa xuventude en Alamogordo (Novo México). Serviu na Armada dos Estados Unidos entre 1976 e 1983, cando deixou a Armada, graduouse na Academia Naval no 1980. O seu seguinte traballo foi no Jet Propulsion Laboratory (JPL) onde traballou até 1986. Mentres estaba no JPL, traballou coma contratista de enxeñeiros para a Deep Space Network, involucrándose tamén en varios proxectos de desenvolvemento de naves espaciais, incluíndo o Voyager 2. Despois do encontro do Voyager con Urano, deixou o JPL para asistir a Universidade Estatal de Novo México en Las Cruces, obtendo o doutoramento en astronomía no 1992. Ollando un mercado laboral pobre para os astrónomos, fundou o Southwest Institute for Space Research.
Descubriu xunto con Thomas Bopp o Cometa Hale-Bopp no 1995, despois de observar máis de 200 cometas.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Newcott, William R.: "The age of comets". National Geographic, decembro de 1997; p. 100.