Albanella Chávez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 (39/40 anos) Departamento del Beni, Bolivia |
Ideoloxía política | Feminismo |
Actividade | |
Ocupación | escritora, psicóloga, activista |
Albanella Luena Chávez Turello, nada en Beni en 1985, é unha escritora, psicóloga e activista feminista boliviana.[1][2] Publicou dous libros de poesía e colaborou en varias antoloxías poéticas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou os seus estudos superiores en psicoloxía en Santa Cruz de la Sierra e obtivo unha mestría en estudos de xénero en España. Desde nova estivo próxima a persoas de ideoloxía de esquerda e progresista, o que a motivou a achegarse ao activismo e a colectivos feministas.[2]
No ámbito literario publicou os poemarios Noches de cuerpos sin nombre (2008) e Cuaderno de notas (2010).[3][4] Tamén colaborou nas antoloxías poéticas Liberoamericanas (2019), Escritoras cruceñas (2019), Encrucijada (2017) e Nueva poesía boliviana (2018).[1] Autores como Édgar Soliz sinálana como unha das representantes da Literatura LGBT de Bolivia actual.[5]
Entre as organizacións das que formou parte destaca a Red de Mujeres Lesbianas y Bisexuales de Bolivia.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Noches de cuerpos sin nombre (poesía, 2008)
- Cuaderno de notas (poesía, 2010)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "VII Encuentro Internacional de Poesía Ciudad de los Anillos" (PDF). 2021. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2021-07-29. Consultado o 2023-02-19.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Albanella Chávez". 2013-09-22. Arquivado dende o orixinal o 2023-02-19. Consultado o 2023-02-19.
- ↑ "Escritoras benianas reúnen sus obras poéticas en un libro". 2021-10-13. Arquivado dende o orixinal o 2023-01-12. Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Encuentro Internacional de Poesía cumple 5 años reuniendo a 30 poetas mujeres de Bolivia y 8 países". 2018-05-30. Arquivado dende o orixinal o 2022-06-09. Consultado o 2023-01-13.
- ↑ "Narrativa gay boliviana comenzó ya en la Colonia". 2017-06-30. Arquivado dende o orixinal o 2023-01-21. Consultado o 2023-01-31.