Alberguería, A Veiga
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/aa/..._desde_la_casa_de_arriba_del_%22poblado%22_-_panoramio.jpg/220px-..._desde_la_casa_de_arriba_del_%22poblado%22_-_panoramio.jpg)
Alberguería foi unha aldea e unha parroquia do concello da Veiga, asolagada en 1958 pola construción do encoro de Prada, do río Xares. No momento do asolagamento tiña 103 veciños e 536 habitantes[1]. A maioría destes marchou á emigración a Arxentina, Venezuela, Brasil, Francia, Alemaña, Suíza, o País Vasco e Cataluña e uns poucos desprazáronse a Ourense e Vigo. A igrexa parroquial, de estilo neoclásico, foi reconstruída en 1959 na Veiga de Cascallá (Rubiá)[2]. Existe unha asociación cultural que traballa para a recuperación da memoria da comunidade[3].
Referencia histórica
[editar | editar a fonte]![a placa indica en latín que a igrexa foi trasladada da Alberguería (A Veiga) debido á creación do encoro](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Inscrici%C3%B3n_igrexa_da_Veiga_de_Cascall%C3%A1%2C_Rubi%C3%A1.jpg/220px-Inscrici%C3%B3n_igrexa_da_Veiga_de_Cascall%C3%A1%2C_Rubi%C3%A1.jpg)
O Diccionario geográfico-estadístico-historico de España y sus posesiones de ultramar de Pascual Madoz (1846-1850)[4] recolle o lugar como Abergaría (p. 52) e Albergaría (p. 314) que identifica como "felig. en la prov. de Orense, part. jud. de Valdeorras, y ayunt. de Vega del Bollo"[5]. O artigo describe en detalle a vida da aldea na época con clima san, muíños fariñeiros, monte abundante, prados, terras de regadío, terras de secaño destinadas ao cultivo de cereais, e viñedo, que define “en general de buena calidad”. O núcleo reunía unhas 140 casas e outras 4 "separadas, al N. constituyen el barrio de Olleros" (seguramente Oleiros). Tiña unha escola "para niños y niñas en la que llegan a reunirse hasta 135 en algunas temporadas". Unha transcrición completa foi feita por Eulogio Diéguez Pérez (2009)[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Habitantes en 1958, en www.albergueria.es
- ↑ "Aquí nos vendría bien la iglesia de Alberguería", artigo en La Voz de Galicia, 10 de setembro de 1995.
- ↑ "Albergueria". Albergueria. Consultado o 17/08/2022.
- ↑ Madoz, Pascual (1846-1850). Diccionario geográfico-estadístico-historico de España y sus posesiones de ultramar (Tomo I). Madrid: Establecimiento tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti.
- ↑ Denominación anterior da Veiga en español. Bollo fai referencia ao concello do Bolo que identificaba toda a comarca. Nesta mesma obra, nomean La Vega del Bollo (Tomo XV, p. 629) e Viana del Bollo (Tomo XVI, p. 12).
- ↑ Diéguez Pérez, Eulogio. "Alberguería en el diccionario Madoz". rioxares.blogspot.com. Consultado o 2022-08-17.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web da Asociación Cultural Alberguería - Oleiros.
- Casas da vila, traballo realizado en marzo de 2006 por Secundino Lorenzo Fernández, rexistrado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense.