Albert Béguin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1901 La Chaux-de-Fonds, Suíza |
Morte | 3 de maio de 1957 (55 anos) Roma, Italia |
Managing editor (en) Esprit | |
1950 – 1957 ← Emmanuel Mounier – Jean-Marie Domenach (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Xenebra |
Actividade | |
Ocupación | scholar of French literature (en) , editor literario, crítico literario, libreiro |
Empregador | Universidade de Basilea |
Movemento | Geneva School (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Raymonde Vincent (1929–) |
Premios | |
| |
Albert Béguin, nado o 17 de xullo de 1901 en La Chaux-de-Fonds (Suíza) e finado o 3 de maio de 1957 en Roma, foi un escritor, crítico e editor suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1919 rematou o bacharelato na súa localidade natal. De 1919 a 1924, Albert Béguin estudou na Universidade de Xenebra licenciándose en letras. Marcha a continuación para París, onde traballou como libreiro e tradutor de autores románticos alemáns como Jean Paul e Ernst Theodor Amadeus Hoffmann. Albert Béguin pasou despois cinco anos como lector de lingua e literatura francesas na Universidade de Halle. Paralelamente, preparou unha sobre o romanticismo alemán L'âme romantique et le rêve. En 1929 casou coa novelista Raymonde Vincent. Preocupouse polo avance do nazismo e o papel dos universitarios e a persecución dos xudeus.
En 1934, Albert Béguin obtivo un posto de profesor no colexio Jean-Calvin, e en 1937 leu a súa tese doutoral, Le rêve chez les romantiques allemands et dans la poésie française moderne na Universidade de Xenebra. De 1937 a 1946, ocupou a cátedra de literatura francesa na Universidade de Basilea. Os seus cursos reflicten as súas preocupacións persoais: a dimensión espiritual da creación poética, a inquietude existencial, o paraíso perdido. Dende 1942, Albert Béguin crea e dirixe os Cahiers du Rhône. Consegue así, publicando obras de Charles Péguy, Louis Aragon, Paul Éluard, Pierre Emmanuel, Loys Masson, Pierre Jean Jouve, Guy Lévis Mano, Jean Cayrol ou Jules Supervielle, soster, durante a guerra, a loita dos escritores franceses cos valores de Francia. Colabora noutras publicacións suízas resistentes, como a colección Cri de la France (Libraría Universitaria de Friburgo) onde publica a súa célebre tradución do Graal.
Despois da guerra, en 1946, volveu a París. Á morte de Emmanuel Mounier en 1950, ocupará ata a súa morte a dirección da revista Esprit, na cal defenderá a liberdade creadora dos escritores. Escribiu estudos sobre a India, Alemaña, e obras de crítica literaria consagradas a Blaise Pascal, Honoré de Balzac, Gérard de Nerval, Charles Péguy, Léon Bloy ou aínda Charles Ferdinand Ramuz.
Obras
[editar | editar a fonte]- L'âme romantique et le rêve, essai sur le romantisme allemand et la poésie française, Cahiers du Sud, 1937 ; nouv. éd. (revue) José Corti, 1939, 1946 ; rééd. Livre de poche, coll. Biblio essais.
- Gérard de Nerval, Stock, 1937 ; édition augmentée, José Corti, 1945.
- Nos Cahiers, Premier Cahier du Rhône, 1942.
- La Prière de Péguy, ibid., 3º cahier, 1942.
- Léon Bloy l'Impatient, L.U.F., 1944.
- Le Livre Noir du Vercors. Enquisa, Neuchâtel, 1944.
- Faiblesse de l'Allemagne, José Corti, 1946.
- Balzac visionnaire. Skira, Xenebra, 1946-1947.
- Création et Destinée, tomo I, Essais de critique littéraire - L'âme romantique allemande, L'expérience poétique, Critique de la critique, Éditions du Seuil, 1973.
- Création et Destinée, tomo II, La réalité du rêve, Limiar de Marcel Raymond, Éditions du Seuil, 1974.