Alberte Pagán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) O Carballiño, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, escritor, cineasta |
Alberte Pagán Vázquez, nado no Carballiño en 1965,[1] é un cineasta e escritor galego. É profesor de lingua inglesa no IES Espiñeira de Boiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Filoloxía Xermánica e en Hispánicas pola Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en cinema experimental, do que é teórico e investigador. En Londres frecuentou a London Filmmakers’ Cooperative. En 1999 publicou da man do Centro Galego de Arte Contemporánea Introdución aos clásicos do cinema experimental, a raíz dun ciclo do que foi comisario. Fixo a tradución ao galego dos dous primeiros capítulos de Finnegans Wake de James Joyce,[2] novela sobre a que publicou o ensaio A voz do trevón.[3]
A súa filmografía, de forte compoñente política, recolle o seu interese por comunidades humanas non occidentais, de lugares como Nicaragua (Os Waslala, 2005), Zimbabwe (Tanyaradzwa, 2009) ou o Sáhara (Asahra Hurratun!, 2009). Pero o seu cinema tamén se preocupa das "exploracións significante-significado" e a "serialidade, metanarración, hibridación de materiais e subversión de códigos",[4] como en Pó de estrelas (2007) ou nos filmes que integran as súas series "Superfícies" e "Estudos cinematográficos", ambas iniciadas a partir de 2014.
Actividade política
[editar | editar a fonte]Foi activista dos COSAL-Galiza (Comités de Solidariedade) e cofundador da súa revista Outrasvozes.[5] Militou na LCR (Liga Comunista Revolucionaria) e posteriormente en Inzar. Formou parte do consello editorial da revista Viento Sur entre febreiro de 1996 e decembro de 2002.[6][7] É membro do consello de redacción do Espaço Clara Corbelhe desde a súa constitución en 2021.[8]
Ten publicado artigos en Outrasvozes,[9] Novas da Galiza,[10] A Nosa Terra[11] e en Viento Sur.[12]
Obra
[editar | editar a fonte]Filmografía
[editar | editar a fonte]- Conversas em Zapatera (2002)
- Como foi o conto (2004)
- Os Waslala (2005)
- Bs. As. (2006)
- Pó de estrelas (2007)
- A soluçom é o socialismo (2008)
- Tanyaradzwa (2009)
- Asahra hurratun! (2009)
- Eclipse metanoico (2009)
- Puílha 17 janeiro 2010 15:33h (2010)
- Eclipse (2010)
- A Pedra do Lobo (2010)
- Faustino 1936 (2010)
- Outrasvozes (2011)
- A quem se lhe conte... (2011)
- Película urgente por Palestina (2012)
- A realidade (2012)
- Walsed (2014)
- Superfícies – Long Face (carvom) (2014)
- Superfícies – Sonho bolivariano (balor) (2014)
- Superfícies – Forgoselo (granito) (2014)
- Quim.com (2014)
- Frank (2015)
- Superfícies – Peter (tubo) (2015)
- Konfrontationen 2014 (2015)
- A Fundamental Error (2016)
- τεμενος³ (2017)
- Flora e fauna (shot on sight) (2017)
- A mosca (2017)
- Uluru (2018)
- O caruncho (2018)
- τέχνη (2019)
- 6x9 (2019)
- Oplezir (2020)
- Dolores (2021)
- Elefante (2022)
- Bronwyn (2023)
- Tristes tropiques (2023)
Literatura
[editar | editar a fonte]- Película urgente por Palestina (Obra dramática num acto) (2012)
- Prosopagnosia (poesía; autoedición, 2013)
- Como foi o conto e outras peças teatrais (2013)
- O livro de Bs. As. (guión, fotos e ensaios sobre filme; 2015)
- Percorridos por unha teoria do desexo (novela; 2015)
- Jalundes (novela; 2022)
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Introdución aos clásicos do cinema experimental (Centro Galego de Arte Contemporánea, 1999)
- A voz do trevón. Unha aproximación a Finnegans Wake (Laiovento, 2000)
- Imaxes do soño en liberdade: o cinema de Eugenio Granell (2003),
- “Cinema Underground estadounidense”, en Dentro y fuera de Hollywood (Festival de Cine de Xixón, 2004)
- “Residuos experimentales en Arrebato”, en Arrebato... 25 años (Filmoteca de Valencia, 2006)
- A mirada impasíbel (Edicións Positivas, 2007)
- A mirada inqueda (Edicións Positivas, 2013)
- Andy Warhol (Cátedra, 2014; en castelán)
- Emotional Materials / Personal Processes. Six Interviews with Experimental Filmmakers (StereoEditions, 2022).
Arte sonora
[editar | editar a fonte]- A música da morte (esculturas sonoras, 1996-2010)
- A Pedra do Lobo [banda sonora da película] (Urro/Amaro Ferreiroa, 2013)
- Frank (2016)
Premios
[editar | editar a fonte]- 2016: Premio da Crítica Galega na modalidade de Cine e Artes Audiovisuais.[13]
- 2021: Mención Honorífica no Festival Primavera do Cine.[14]
- 2021: Premio Cineuropa.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sande, José Manuel. "Sinais: Alberte Pagán". (S8) Mostra de Cinema Periférico, 30-05-2012.
- ↑ "Contos contados de Finnegan e HCE" (PDF).
- ↑ "A voz do Trevón. Unha aproximación a Finnegans Wake".
- ↑ Sande, José Manuel. "Otros estrenos: A realidade (Alberte Pagán, COSAL-Galiza)." (PDF). Caimán Cuadernos de Cine, Diciembre 2013, p. 48.
- ↑ "Conselho de redação". Espaço Clara Corbelhe.
- ↑ "Consejo editorial" (PDF). Viento Sur.
- ↑ "Consejo editorial" (PDF). Viento Sur.
- ↑ "Conselho de redação". Espaço Clara Corbelhe.
- ↑ "México 1994: Do alzamento (zapatista) á caída (do peso)" (PDF). Outrasvozes, inverno 1995. Consultado o 15-04-2024.
- ↑ Pagán, Alberte. "Os corpos e a terra". Novas da Galiza, Outubro 2023.
- ↑ Pagán, Alberte. "Entrevista a Raúl Reyes: "O Plano Colombia quere acabar coa guerrilla, non co narcotráfico"" (PDF). A Nosa Terra, 13 a 19 Decembro 2001, p. 20.
- ↑ Pagán, Alberte. "Pinochet, Pinochile". Viento Sur Nº 41.
- ↑ "Premio da Crítica Galega" (PDF).
- ↑ "Mención Honorífica: Alberte Pagán".
- ↑ "Premio Cineuropa 2021" (PDF).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alberte Pagán |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- albertepagan.eu Web persoal
- Ficha en novocinemagalego.info
- Letterboxd
- Espaço Clara Corbelhe - Um projeto de investigação galego