Saltar ao contido

Alberto Ruz Lhuillier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Ruz Lhuillier
Biografía
Nacemento(fr) Albert François Charles Ruz Editar o valor en Wikidata
27 de xaneiro de 1906 Editar o valor en Wikidata
8.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1979 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Montreal, Canadá Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo, arqueólogo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1131050

Alberto Ruz Lhuillier, nado o 27 de xaneiro de 1906 en París, Francia  e finado o 25 de agosto de 1979,  en Montreal, Canadá, foi un arqueólogo francés nacionalizado mexicano. Salienta polas súas exploracións nas cidades maias de Mesoamérica, e especialmente por descubrir a tumba de Pakal o Grande no Templo das Inscricións en Palenque, México.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Lápida de Pakal.

Ruz viviu en Francia e en Cuba antes de chegar a México, con trinta anos, estudando na Escola Comercial de París e na Universidade da Habana. En 1936, adoptou a cidadanía mexicana, e graduouse como arqueólogo en 1942, na Escola Nacional de Antropoloxía e Historia. Continuou estudando posgrao na UNAM, e recibiu os títulos de Mestre e Doutor en 1945 e 1965, respectivamente.

A partir de 1940, dedicouse á investigación arqueolóxica no Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH), onde foi xefe da Zona Maia entre 1949 e 1958, e Director de exploracións arqueolóxicas en Campeche, Iucatán e Palenque. Na UNAM, foi profesor da Facultade de Filosofía e Letras, e Director do Centro de Estudos Maias. Foi membro de varias institucións académicas, entre outras da Sociedade Mexicana de Antropoloxía, da Société des Américanistes, da Société Suisse des Américanistes e da Society of American Archaeology.

  1. "Fotobiografía de Alberto Ruz Lhuillier". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2011. Consultado o 23 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]