Saltar ao contido

Alborada (Lugo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alborada

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeLugo
Na rede
Galiciana: 578181
editar datos en Wikidata ]

Alborada foi un xornal publicado en Lugo entre 1931 e 1936.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu en 1931, promovido polo grupo político vinculado a José Soto Reguera. Foi suspendido por orde gobernativa.

Segunda etapa[editar | editar a fonte]

Reapareceu o 23 de agosto de 1935[1] co subtítulo Diario de Galicia. Segundo a súa propia declaración de principios, pretendía ser un periódico "de Dios y para Dios, un periódico de España y para España, un periódico de Galicia y para Galicia". Diario monárquico, dirixido por Gutiérrez Flórez e despois por José Cedrón del Valle, o administrador era Julio Aller Pavía. Foi un intento do grupo de José Calvo Sotelo de dispoñer dun diario propio na provincia de Lugo. Juan Antonio Correa Calderón e Jesús Carracedo figuraron entre os seus colaboradores; Salvador Pérez-Labarta Pillado era o correspondente en Viveiro e Antonio López Sánchez en Santiago de Compostela.[2] Tivo escasa audiencia. Cesou por suspensión gobernativa, o 31 de maio de 1936.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 24-8-1935, p. 11.
  2. El Eco de Santiago, 22-5-1936, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]