Albrecht Altdorfer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1480 Ratisbona, Alemaña |
Morte | 12 de febreiro de 1538 (Gregoriano) (57/58 anos) Ratisbona, Alemaña |
Relixión | Luteranismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e arquitectura |
Lugar de traballo | Ratisbona |
Ocupación | pintor, gravador, gravador de cobre, iluminador, arquitecto, construtor |
Movemento | Renascimento alemão (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Erhard Altdorfer |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Altdorfer, Albrecht, 231) Encyclopedic Lexicon (en) |
Albrecht Altdorfer, nado en Ratisbona c. 1480 e finado na mesma cidade en 1538, foi un pintor alemán, líder da escola do Danubio no sur de Alemaña, contemporáneo de Albrecht Dürer.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]O seu pai foi o gravador Ulrich Altdorfer, e o seu irmán Erhard (ás veces escrito Erhart) foi un arquitecto e pintor da corte de Schwerin no Renacemento temperán. O apelido familiar era tamén ás veces escrito Altdorffer ou Altorfer.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Foi pintor de temas relixiosos e mitolóxicos, famoso tamén por pintar paisaxes pola súa fermosura e non como ilustración de ningunha historia ou parábola, quizais o primeiro pintor europeo en colocar a paisaxe como motivo autónomo, como centro do seu traballo.
As pinturas de Altdorfer fanse eco dos descubrimentos de Nicolao Copérnico, presentando pola primeira volta un mundo no que o Sol ocupa o lugar da Terra como centro do Universo.
As paisaxes de Altdorfer adoitan ser verticais,[2] como A batalla de Alexandre en Issos (1529, Múnic).
A batalla de Alexandre
[editar | editar a fonte]Esta extraordinaria pintura mostra unha vista no sur do Mediterráneo, cunha masa de figuras nunha grande batalla en primeiro plano. Os combatentes están en Issos, na Turquía moderna, pero a vista se esténdese alén de Chipre até a costa de Exipto, península do Sinaí e o Mar Vermello.[3]
Orixinalmente formaba parte dun conxunto de pinturas históricas con mesmo formato.
A batalla de Alexandre en Issos está considerada como a súa obra mestra; co pretexto de representar a vitoria de Alexandre sobre Darío ilustra unha visión do mundo radicalmente nova, un novo tipoloxía pictórica chamada 'Paisaxe do mundo'.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Detalle da "Batalla de Alexandre".
-
Paisaxe do Danubio co castelo de Wörth.
-
Retrato dunha muller nova, h. 1522, Museo Thyssen-Bornemisza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ulrich Thieme, Felix Becker (1907). Allgemeines Lexikon der bildenden Künstler von der Antike bis zur Gegenwart. Leipzig, W. Engelmann.
- ↑ Wood, 49
- ↑ Wood, 22–23, 201–202, 266–267; Snyder, 362–363; Harbison,
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albrecht Altdorfer |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alte Pinakotek, Munich; (catálogo), 1986, Edition Lipp, ISBN 3-87490-701-5
- Christopher S. Wood, Albrecht Altdorfer and the Origins of Landscape, 1993, Reaktion Books, Londres, ISBN 0-948462-46-9
- Christoph Wagner, Oliver Jehle (eds.), Albrecht Altdorfer. Kunst als zweite Natur, 2012, Schnell & Steiner Verlag, Regensburg (= Regensburger Studien zur Kunstgeschichte, Vol. 17), ISBN 978-3-7954-2619-4
- Jochen Sander, Stefan Roller, Sabine Haag, Guido Messling (eds.), Fantastische Welten. Albrecht Altdorfer und das Expressive in der Kunst um 1500, 2014, Hirmer, Munich, ISBN 978-3-7774-2266-4 (catálogo da exposición no Städel Museum de Frankfort, 5 de novembro de 2014 - febreiro de 2015 e no Kunsthistorisches Museum, Viena, 17 de marzo - 14 de xuño de 2015)