Albumina
- Para a albumina do soro sanguíneo humano ver seroalbumina humana.
As albuminas[1] (palabra derivada do latín albumen, “clara de ovo”) son un tipo de proteínas globulares que se caracterizan por ser solubles en auga, moderadamente solubles en solucións salinas concentradas, e insolubles en alcohol, que se desnaturalizan con calor, e precipitan por saturación con (NH2)SO4, pero non con NaCl e sulfato magnésico.[2] Son proteínas simples, de carácter ácido, xeralmente ricas en ácido glutámico e aspártico, lisina e leucina e pobres en triptófano.[3][4] As albuminas encóntranse no plasma sanguíneo, leite, clara do ovo, músculo (mioalbuminas), e outros tecidos e fluídos, e mais en tecidos vexetais como os das sementes.[5][6] Non todas están relacionadas entre si, pero algunhas forman familias proteicas como a das seroalbuminas.
Principais albuminas
[editar | editar a fonte]- Seroalbumina. É a albumina do soro sanguíneo e a máis coñecida. A seroalbumina humana controla a presión oncótica do sangue e transporta diversas substancias como ácidos graxos e hormonas, e ás veces se lle chama simplemente albumina. A seroalbumina bovina é moi utilizada en técnicas de laboratorio.
- Lactoalbumina. É a albumina do leite. A alfa-lactoalbumina pode extraerse do soro lácteo.
- Ovoalbumina. A ovoalbumina é unha proteína de almacenamento que se encontra na clara do ovo.
- Albuminas vexetais. Son proteínas de almacenamento que se encontran en sementes vexetais, como por exemplo, a legumelina[7][8] do chícharo e a leucosina do trigo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para albumina.
- ↑ 2,0 2,1 Jabde, P.V. Text Book of General Physiology. Google books
- ↑ Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo I. Páxina 276. ISBN 84-7680-288-9 (da colección), 84.7680-288-7 (do tomo).
- ↑ The Free dictionary albumin
- ↑ Larousse 2000. Salvat. Tomo I. Páxina 167. ISBN 84-89898-50-2 (da colección); 84-89898-51-0 (do tomo).
- ↑ Merrian Webster dictionary Albumin
- ↑ Merriam Webster dictionary legumelin
- ↑ Thomas B. Osborne, Frederick W. Heyl. The pea (Pisum sativum) Hydrolysis of legumelin. J. Biol, Chem. 1908, 5:197-205.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albumina |