Albuquerque Isotopes
Aparencia
Albuquerque Isotopes | |
---|---|
Fundado en 1970 En Albuquerque desde 2003 | |
Afiliacións de Ligas Menores | |
Clase | Triple-A |
Liga | Pacific Coast League |
División | East Division |
Afiliacións de Grandes Ligas (MLB) | |
Actual | Colorado Rockies (2015– ) |
Previa(s) | Florida Marlins (2003–2008) LA Dodgers (2009–2014) |
Imaxe da franquía | |
Cores | Negro, vermello |
Datos do equipo | |
Anterior | SLC Bees (1970) SLC Angels (1971–1974) SLC Gulls (1975–1984) Calgary Cannons (1985–2002) |
Estadio | Isotopes Park (13.500 espect.) |
Mascota | Orbit |
Dono | Albuquerque B.C., LLC |
Director xeral | John Traub |
Adestrador | Warren Schaeffer |
Títulos | |
División (3) | 2003 · 2009 · 2012 |
Os Albuquerque Isotopes son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en Albuquerque, Novo México. O club, de clase Triple-A, compite na East Division da Pacific Coast League. Actualmente están afiliados aos Colorado Rockies da Major League Baseball. O equipo xoga os seus xogos como local no Rio Grande Credit Union Field at Isotopes Park, un estadio con capacidade para 13.500 espectadores situado a unha altitude de 1.555 metros sobre o nivel do mar. O nome do club fai referencia a un capítulo dos Simpson onde o club local, os Isotopos de Springfield, estivo a piques de trasladarse a Albuquerque. En 2016 Forbes clasificou ao equipo como o décimo cuarto máis valioso das Ligas Menores.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Klebnikov, Sergei (8 de xullo de 2016). "Minor League Baseball's Most Valuable Teams – 14. Albuquerque Isotopes". Forbes.