Arao carolo
Arao carolo | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Na península de Westfjords, Islandia
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Alca torda' Linnaeus, 1758 |
O arao carolo[2] ou arao romeiro[3] (Alca torda) é unha ave palmípede, tamén coñecida como carolo[4] ou aro ñopo[5].
Características
[editar | editar a fonte]É unha ave grande, 38–43 cm de lonxitude e 60–69 cm de envergadura; o peteiro, ancho e escuro, ten manchas brancas. Os exemplares adultos teñen a plumaxe negra co peito e ventre branco. Aliméntanse de peixes, e tamén de crustáceos e vermes mariños. Habita nas illas e buratos protexidos dos cantís do Atlántico Norte ata Maine e o norte de Francia polo sur. Cría en colonias, moitas veces asociado ao arao dos cons, e deixan os seus ovos nas rochas. Os norteamericanos migran de Terra Nova a Nova Inglaterra, mentres os eurasiáticos pasan o inverno no mar; algúns mesmo chegan ao Mediterráneo Occidental.
En Galicia é bastante común como ave invernante, procedente de Gales e Escocia.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Arao carolo.
-
Ovo de arao carolo.
-
Araos nun selo de Finlandia (1983).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Alca torda". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carolo.
- ↑ Ñopo=curto de vista. M. do Carme Ríos Panisse (1983): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago [1]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arao carolo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lavers, J.L.; Hipfner, M.J.; Chapdelaine, G.C. (2009). The Birds of North America 16. Philadelphia, PA: The Birds of North America, Inc.</ref>