Saltar ao contido

Alcouve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcouve para horta ou xardín.

Un alcouve, sementeiro ou pebideiro é un lugar onde se botan as sementes de certas plantas e onde se crían estas durante un curto período de tempo, para seren logo transplantadas xeralmente a un viveiro. Tamén pode denominarse sementeiro ou pebideiro ao lugar onde se gardan as sementes.

É unha área de terreo preparado e arranxado especialmente para botar as sementes co obxectivo de que estas grelen ou xermolen nas mellores condicións e coidados, de xeito que medren sen dificultade até que a plantiña estea pronta para o transplante.

O alcouve é o sitio axeitado para que a semente inicie a súa primeira fase de desenvolvemento. Despois a planta medrará e será transplantada ao terreo definitivo.

Tipos de alcouve

[editar | editar a fonte]

Segundo a área de terreo e material dispoñíbel poden ser:

Alcouves portátiles:

Aqueles que poden ser trasladados dun lugar a outro segundo a necesidade; utilízanse para pequenas sementeiras e poden ser construídos en caixóns, caixas de madeira ou de plástico, saquetas de polietileno ou outro material fácil de transportar. As súas dimensións aproximadas son: 50 cm de longo, 35 cm de largo e 10 cm de fondura; cómpre que o caixón teña pequenos furados para permitiren o desaugamento.

Alcouves temporais ou transitorios:

Aqueles que se usan unha soa vez ou para curta duración; as súas dimensións aproximadas son: longo de acordo coa necesidade, largo 1.10 m, alto 20 cm.

Alcouves semipermanentes: Aqueles que que se utilizan para variar as culturas ou sementeiras; non son nin temporais nin fixos; contrúense facendo un cerrume de táboas ou ladrillo nos bordos, e as súas dimensións aproximadas son: longo segundo a dispoñibilidade do terreo e material, largo 1,10 m, alto 20 cm.

Alcouves permanentes ou fixos: Son aqueles utilizados de xeito permanente; os bordos constrúense en cemento e bloques, o fondo vai con pellets a xeito de peneira, para facilitar a drenaxe.

Importancia dos alcouves

[editar | editar a fonte]

Permiten un mellor aproveitamento e rendemento por metro cadrado nas plantacións, xa que garanten unha mellor escolla de sementes, polo que se aumenta a produtividade da colleita. facilita a actividade agrícola familiar. Ademais son moi importantes nalgúnhas especies vexetais de hortalizas con sementes moi miúdas, como a leituga, a cebola ou o tomate, que deste xeito non se sementan no agro senón que se transplantan, acadando deste xeito un bo desenvolvemento no seu primeiro período de vexetación.

Labores culturais

[editar | editar a fonte]

Os labores culturais abranguen un conxunto de actividades conexas coas agrícolas que se realizan dende a sementeira, e continúan durante a xerminación até o transplante ao local definitivo. Estes labores son: rega, control de malas herbas, control de pragas, pestes e doenzas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]