Aldara Cidrás Fuentes
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1994 ![]() Vigo, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | historiadora ![]() |
![]() |
Aldara Cidrás Fuentes, nada en Vigo en 1994, é unha historiadora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 2016. Máster en Historia Contemporánea USC (2017) e doutora en historia contemporánea coa tese A xudicialización da violencia golpista. Unha mirada transversal á administración de xustiza entre 1930 e 1942 (2023).[1] Forma parte do grupo de investigación Histagra dende 2016.
Obras
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- "A construción da culpabilidade colectiva na cidade de Pontevedra (1936-1939)" en Golpistas e verdugos de 1936, 2018.
- "A situación da muller na universidade pública española (2013 – 2018): teito de cristal, precariedade e invisibilización" en (Re)construíndo o coñecemento, 2019.
- "La mujer como sujeto de violencia y transmisora de memorias en la guerra civil española. El caso de Pontevedra (1936–1939)" en Trobada Internacional Investigadorxs del Franquisme, 2019.[2]
- "Las violencias contra las mujeres en la guerra civil española según sus supervivientes. La provincia de Pontevedra (1936 - 1939)" en Investigaciones sobre terrorismo de estado y estados de excepción, 2021.[3]