Aldeia do Bispo, Penamacor
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Castelo Branco | ||||
Concello | Penamacor | ||||
Freguesía | Aldeia do Bispo, Águas e Aldeia de João Pires (pt) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 434 m ![]() | ||||
Sucedido por | Aldeia do Bispo, Águas e Aldeia de João Pires (pt) ![]() ![]() | ||||
Aldeia do Bispo é unha antiga freguesía portuguesa do concello de Penamacor, con 6,51 km² de área e 676 habitantes (2011). A súa densidade de poboación era 103,8. hab/km².
Foi extinguida (agregada) pola reorganización administrativa 2012/2013,[1] sendo o seu territorio integrado na União das Freguesias de Aldeia do Bispo, Águas e Aldeia de João Pires.
Poboación
[editar | editar a fonte]Poboación da freguesía de Aldeia do Bispo [2] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
769 | 873 | 1 031 | 1 124 | 1 475 | 1 394 | 1 597 | 1 777 | 2 354 | 2 017 | 1 560 | 953 | 908 | 748 | 676 |
Xeografía
[editar | editar a fonte]Aldeia do Bispo está situada nun val, á beira da ribeira da Raivosa, afluente da ribeira das Taliscas, no cruzamento dos camiños para as parroquias de Águas, Bemposta, Aranhas, Aldeia de João Pires e Penamacor. Está a uns 7 km da sede do concello.
Historia
[editar | editar a fonte]Existe un profundo descoñecemento sobre a data de fundación desta freguesía, así como da orixe do seu nome. A inscrición ou data máis antiga gravada nas pedras que se atopou é de 16 zx, que foi interpretada como sendo de 1628. Na rúa do Outeiro, onde din que existiu unha praza, atopouse nunha casa coa data de 1696, gravada na cabeceira da porta. Sobre a orixe do nome, hai diversas opinións. Segundo algúns autores, a palabra "aldea" deriva do árabe الضيعة "ad-Dai'hâ" (lugarexo, monte, aldeamento).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Capelas do Espírito Santo, de St.º António, de N.ª S.ª das Necesidades e de S. Sebastião
- Cruceiro
- Nicho
- Estación arqueolóxica de Lameira Larga
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I. Acedido a 19/07/2013.
- ↑ Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes