Saltar ao contido

Alejandro Armesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlejandro Armesto
Biografía
Nacemento1926 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de febreiro de 2015 Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1191976


Alejandro Armesto Buz, nado en Santiago de Compostela en 1926 e finado na mesma vila o 22 de febreiro de 2015,[1] foi un xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional nos diarios El Progreso de Lugo e o Faro de Vigo. Defensor do réxime franquista, desempeñou o posto de conselleiro de información na embaixada de Roma.[2] Entre 1969 e 1976 foi director-xerente da Axencia EFE.[3][4][5] Nesa súa etapa un dos seus principais logros foi a creación da Agencia Centro-Americana de Noticias (ACAN-EFE), con sede en Panamá.[6] Posteriormente foi nomeado director do diario Arriba, sendo o último director do xornal antes da súa desaparición en 1979.[7][8]

En 1960 acadou ex aequo o Premio López-Cuevillas de novela curta dentro do Certame Literario do Miño coa obra Tiempo de morir, publicada en 1962 por Edicións Celta.

  1. "Fallece el periodista Alejandro Armesto, que fue director de EFE". La Vanguardia (en castelán). 22 de febreiro de 2015. 
  2. Sánchez Rada, Juan (1996). Prensa, del movimiento al socialismo: 60 años de dirigismo informático. Fragua, páx. 75.
  3. Olmos, Víctor (1997). Historia de la Agencia EFE: El Mundo en español. Espasa-Calpe, páx. 321.
  4. Soon Jin Kim (1989). EFE. Spain's World News Agency. Greenwood Press, páx. 120.
  5. Pizarroso Quintero, Alejandro (2001). Periodismo y periodistas. De las gazetas a la red. España Nuevo Milenio, páx. 94.
  6. Barrera del Barrio, Carlos (1995). Periodismo y Franquismo. De la censura a la apertura. Ediciones Internacionales Universitarias, páx. 152.
  7. Greciet, Esteban (1998). Censura tras la censura: crónica personal de la transición periodística. Fragua, páx. 73.
  8. Alférez, Antonio (1986). Cuarto poder en España: La prensa desde la Ley Fraga 1966. Plaza & Janés, páx. 143.