Saltar ao contido

Alejandro González Pascual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlejandro González Pascual
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1930 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de novembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata

BUSC: gonzalez-pascual-alejandro-1930-1993


Alejandro González Pascual, nado na Coruña o 20 de novembro de 1930 e finado na mesma cidade o 13 de novembro de 1993,[1] foi un pintor galego.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, e formou parte dos colaboradores da revista Atlántida. En 1954 fixo a súa primeira exposición na galería coruñesa Lino Pérez. Casou con Blanca Docampo, construíu unha pequena casa xunto ao río Mera, e comezou a centrarse nas árbores e os troncos; desde 1959 centrou a súa actividade artística na paisaxe galega.[3] En 1974 comezou a expoñer, participando en mostras colectivas como a de pintura galega contemporánea feita en Santiago de Compostela en 1983. Tamén fixo exposicións en Madrid e París. A súa obra está presente en diversos museos e coleccións de institucións públicas galegas.

Faleceu en 1993 na Coruña, cidade na que se celebrou unha exposición antolóxica no Kiosco Alfonso, no ano 1997. Na mesma cidade, en 2021 organizouse unha mostra retrospectiva no Museo de Belas Artes, ampliada até o 1 de abril de 2022.[4]

Basea o seu traballo nun debuxo preciso, achegándose á neofiguración en cadros próximos ao hiperrealismo. Ten traballado con gamas case monocromas, como a de azuis intensos, grises e negros.

Na exposición retrospectiva do Museo de Belas Artes da Coruña (2021-2022), participou a súa filla Blanca González Docampo, historiadora da arte, e estableceu catro pautas temáticas segundo os seus eixes de traballo e as etapas correspondentes, distribuídas nos bloques Natureza, Bodegón, Retrato e Estudo, que se achegan a correntes e autores que influíron nel, como Picasso, o cubismo, a abstracción ou o informalismo.[5]

  1. La Voz de Galicia, 14-11-1993, p. 68.
  2. Alejandro González Pascual na Colección Afundación.
  3. "Alejandro González Pascual 1930-1993 ; Museo de Belas Artes da Coruña". museobelasartescoruna.xunta.gal. Consultado o 2022-02-26. 
  4. "Grazas á gran acollida a exposición prorrógase até o vindeiro 3 de abril". Twitter; @museobelasartes. Consultado o 2022-02-26. 
  5. Corredoira, Pilar. "Alejandro González Pascual, el esperado regreso". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-02-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]