Alejandro Mon Landa Landa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1886 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 7 de novembro de 1957 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Alejandro Mon Landa ![]() |
Premios |
Alejandro Mon-Landa Landa, nado en Pontevedra o 16 de febreiro de 1886 e finado na mesma cidade o 7 de novembro de 1957, foi un político conservador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/Alejandro_Mon-Landa_Landa_homenaxe_na_Franqueira_1923.jpg/220px-Alejandro_Mon-Landa_Landa_homenaxe_na_Franqueira_1923.jpg)
Fillo de Alejandro Mon Landa. Doutor en Dereito e en Filosofía e Letras. Escribiu Estudio de los foros en Galicia (1910). Foi deputado a Cortes polo distrito da Cañiza ininterrompidamente durante sete lexislaturas (1910-1923) e fundou o Partido Agrario Gallego. Presentouse ás eleccións de febreiro de 1936 na lista centrista de Manuel Portela Valladares sen ser elixido.[1]
Foi xerente de Tranvías Eléctricos de Pontevedra, conselleiro da Compañía Eléctrica e presidente da Cámara de Comercio. Foi presidente da Asemblea Provincial da Cruz Vermella e da Sociedade de Socorros Mutuos. Finou en Pontevedra o 7 de novembro de 1957.[2]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/Alejandro_Mon-Landa_Landa_no_acto_de_imposici%C3%B3n_da_Gran_Cruz_de_Sabela_a_Cat%C3%B3lica_1922.jpg/250px-Alejandro_Mon-Landa_Landa_no_acto_de_imposici%C3%B3n_da_Gran_Cruz_de_Sabela_a_Cat%C3%B3lica_1922.jpg)
- Gran Cruz de Isabel a Católica, 1922.
- Cruz do Mérito Naval.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Consuelo Munaiz López e foi pai de Clementina, Concepción, Consuelo e Alejandro Mon Munaiz.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ABC, Madrid, 10 de febreiro de 1936.
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-11-1957, p. 8.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro Mon Landa Landa ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Mon (Pontevedra) por Pousada Xosé Docampo Arquivado 03 de xuño de 2012 en Wayback Machine.