Saltar ao contido

Alejandro Rodríguez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlejandro Rodríguez Rodríguez

Alejandro Rodríguez Rodríguez na Festa do Viño do Rosal (2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Oia
2003 – 2015
← Álvaro Miniño RodríguezRosa Otero → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, axente de seguros Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Alejandro Rodríguez Rodríguez, nado en 1954, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É corretor de seguros. Presentouse ás eleccións municipais de 2003 no concello de Oia encabezando a candidatura do PPdeG en substitución de Álvaro Miniño Rodríguez e conseguiu se-la candidatura máis votada, aínda que perdeu a maioría absoluta da que gozaba ata entón o partido. Porén, foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada ó non chegar a un acordo os demais grupos. Ó longo dese mandato conseguiu gobernar grazas ó apoio dun edil tránsfuga socialista. Nas eleccións municipais de 2007 e 2011 foi reelixido alcalde con maioría absoluta.

Nas eleccións municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta, aínda que foi forza máis votada con 4 dos 11 edís. Desta forma, perdeu alcaldía ó votar o PSdeG con 3 concelleiros, Converxencia Galega con 3 e o BNG con 1, á candidata socialista Rosa María Otero Carballa como nova alcaldesa[1] Meses máis tarde, en outubro de 2015 renuncia á súa acta de concelleiro en Oia motivado pola perda de votos nas eleccións municipais[2], aínda que posteriormente dita dimisión se interpretou que estaba motivada para facilitar a posterior moción de censura presentada polo seu partido e Converxencia Galega que lle devolvería a alcaldía ós populares o mes seguinte de novembro.


Predecesor:
Álvaro Miniño Rodríguez
 
Alcalde de Oia
 
2003 - 2015
Sucesor:
Rosa María Otero

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]