Alejos Lorenzo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | pintor, gravador |
Alejos Lorenzo, nado en Ferrol, en 1975, é un pintor e gravador artístico galego. A súa obra pictórica podería incluirse na pintura simbolista, aínda que parte dunha base surrealista e adopta outros estilos como a arte naíf, arte pop, a arte dos nabis e o minimalismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Aínda que é un pintor vocacional dende cativo, realizou os estudos de Arquitectura Técnica e Posgrao en Arquitectura Interior. Fixo a exame de ingreso en Belas Artes na Facultade de Pontevedra, por ver cómo era o lugar pero non para ingresar na Facultade. Logo comezou os estudos Arquitectura Superior na Universidade da Coruña, aínda que debe abandonar este grao á metade para comezar a traballar. Traballou no sector da edificación en estudos de arquitectura, na promoción e construcción, e foise especializando en deseño de interiores e de mobles. Posteriormente creou unha empresa de fabricación, distribución e alugueiro de mobles de deseño propio e doutras marcas e foi convidado a mostrar os seus mobles na Feira Internacional do moble de Valencia pola novidade de aplicar imaxes artísticas nos mobles. Despois de aproximadamente doce anos no mundo da arquitectura e do deseño, abandonou a súa profesión para dedicarse plenamente e profesionalmente á pintura artística, que viña realizando de forma amateur dende cativo.
Cunha formación totalmente autodidacta, o seu estilo é unha mistura entre o surrealismo, o simbolismo e o minimalismo, pintando sempre á maneira do automatismo psíquico do que falaban os surrealistas. Realizou a súa primeira exposición individual de pintura na súa cidade natal en 1998, no Centro Cultural Carvalho Calero. Tamén expón, nese ano, no pub Picasso da Coruña e na cafetería Zucre, en Ferrol, onde amosa obras de estilo surrealista e hartista (stuckismo[1]), reflexando un malestar respecto do estado institucionalizado da arte, da pintura e dalgúns aspectos negativos da vida.
Pouco a pouco comeza a facer exposicións noutras cidades españolas como Madrid, Barcelona, Ibiza, Marbella, Pamplona, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, etc. Tamén amosará a súa obra fóra de España, como nos Estados Unidos, Canadá, Italia, Portugal, Francia, Reino Unido, Austria, Suiza, Bélxica, Eslovaquia, Hungría, etc., participando en feiras internacionais de arte, como Art Baho, Art Beijing, Affordable Art Fair Hampstead London, Feira de arte FLECHA, Feira de Arte Galega ou na Feira (un)Fair Milano.
Realizou durante varios anos un traballo de promoción cultural moi activo en tres asociacións artísticas das que formou parte, nalgunhas delas sendo parte da Xunta directiva: ARGA (Asociación de Artistas Plásticos Galegos), S.A.F. (Sociedade Artística Ferrolá) e NARART (Narón, Asociación de Amigos da Arte), promovendo e achegando á sociedade diversos aspectos culturais: concursos de poesía e literatura, conferencias sobre notables intelectuais e artistas, recadación de fondos para institucións benéficas (Cocina Económica , AFAL Ferrolterra, Proyecto Hombre, etc).
Institucións de prestixio como a Clínica Mayo nos Estados Unidos (máis de dez obras en propiedade) teñen obras na súa colección privada, así como varias empresas tales coma News Corp. Australia ou para o grupo de inversión español CIMD. Traballou con varias das máis prestixiosas galerías españolas coma Flecha, Herráiz ou Kreislerart. Actualmente traballa con varias galerías, tanto a nivel nacional (galería Flecha, en Madrid) como internacionalmente (Singulart en París, Saatchiart en Los Ángeles ou R Alexander Fine Art en Atlanta).
No ano 2017 fai unha retrospectiva do seu traballo na galería de arte ourensana Visol [2]
O traballo de Alejos Lorenzo tivo grande impacto na India, da man da galería Artflute [3]
Realizou obras de gran repercusión mediática, como a portada do libro Penguin Classics: "The Penguin Book of Spanish Short Tales", de Margaret Jull Costa, que é unha recompilación de relatos traducidos ó inglés, escritos polos máis prestixiosos escritores españois de tódolos tempos.
O seu traballo foi obxecto de estudo en diversas publicacións, como a publicación 'Implicar a nenos pequenos na instrución de alfabetización visual' ', da profesora Irene Lopatovska, do Instituto Pratt de Nova York.[4]
No ano 2019, fai unha intervención nun modelo 3D do rañaceos madrileño Torre PwC / Eurostars Hotels Madrid Tower 5 *, con motivo do 10 aniversario do hotel.
No 2024 participa na Feira de Arte FLECHA (Arturo Soria) en Madrid, sendo escollida unha das súas obras para a imaxe da feira, portada de catálogos, etc. Fai unha ponencia sobre o medio físico e dixital do artista, a cooperación entre as artes tradicionáis gráficas e as novas artes dixitáis, analizando as vantaxes que a tecnoloxía informática pode aportar nestes días.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Stuckismo" (en castelán). 2023-07-11.
- ↑ Tareixa Taboada. "Oceanos de flores é a exposición retrospectiva presentada na Galería de arte Visol polo pintor Alejos".
- ↑ Sridevi Padmanabhan. "Arty Affair with Nature de Alejos Lorenzo". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ Irene Lopatovska, doutora. . "IEngaging young children in visual literacy instruction". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2019.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- https://www.pintoresgallegos.com/exposiciones/alejosforo.html
- https://www.pintoresgallegos.com/exposiciones/alejosarga2014.html
- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2017/01/02/danzando-flores-raras/0003_201701O2C4992.htm
- https://web.archive.org/web/20191213183933/http://www.revistart.es/alejos-lorenzopamplona-navarra/
- https://www.diariodeibiza.es/cultura/2015/11/27/galeria-p-art-ibiza-celebra-30361089.html
- https://web.archive.org/web/20191213183920/https://blog.eurostarshotels.com/exposicion-alejos-lorenzo-eurostars-das-letras-5/
- https://web.archive.org/web/20191213183938/https://blog.eurostarshotels.com/alejos-lorenzo-expone-en-el-eurostars-museum-5/
- https://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2014/06/01/abrirse-camino-arte-complicado-profesion/847072.html
- https://www.galiciaartabradigital.com/archivos/85751
- https://www.galiciaartabradigital.com/archivos/34197
- https://ocio.laopinioncoruna.es/agenda/noticias/nws-162038-exposicion-pintor-alejos-lorenzo.html
- https://web.archive.org/web/20191213184147/https://blog.setdart.com/alejos-emancipacion-cromatica/
- https://forbes.es/ultima-hora/413026/arturo-soria-plaza-acoge-un-ano-mas-flecha-el-mejor-escaparate-del-arte-en-un-centro-comercial/