Aleksandar Cvetković
(2013) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (sr) Александар Цветковић ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 12 de setembro de 1993 ![]() Belgrado, Serbia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Aleksandar Cvetković (en serbio cirílico: Александар Цветковић), nado o 12 de novembro de 1993 en Belgrado é un xogador profesional de baloncesto serbio. Formado nas categorías inferiores do KK Crvena zvezda, cunha altura de 1,88 m xoga na posición de base. No ano 2011 foi nomeado unha das mellores promesas do baloncesto FIBA. Actualmente xoga para o Coosur Real Betis da Liga ACB.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Belgrado, Cvetković formouse nas categorías inferiores do Crvena zvezda (Estrela Vermella). No ano 2010 chega ao primeiro equipo baixo a dirección do técnico Mihailo Uvalin. En febreiro de 2011 é nomeado sétimo Mellor Xogador promesa do mundo da FIBA (quedaron por diante súa Jonas Valančiūnas, Nikola Mirotić, Enes Kanter, Dario Šarić, Alessandro Gentile e Tornike Shengelia).[1][2] No ano 2012 compite no Nike Hoop Summit representando a Serbia. A finais dese mesmo ano, o 21 de novembro, Cvetković xoga o seu partido con maior valoración na EuroCup ao anotar 9 puntos ante o Dinamo Sassari. No ano seguinte debuta en Euroliga, concretamente o 24 de outubro ante o Maccabi Electra Tel Aviv.[3] Nesa mesma edición da competición, anota un mes despois catro puntos en sete minutos ante o Lietuvos rytas na última xornada da fase regular.[4]
A pesar das actuacións anteriores, Cvetković non consegue facerse cun oco no quinteto inicial do Crvena zvezda. Con 20 anos, o 27 de decembro de 2013 sae cedido na procura de máis tempo de xogo ao MZT Skopje macedonio.[5] O 3 de xaneiro debuta co seu novo equipo na Liga do Adriático (ABA) anotando 10 puntos na vitoria por 73–63 ante o Szolnoki Olaj. Na Liga ABA tería outras destacábeis actuacións como os 13 puntos na vitoria fóra da casa ante o Igokea (65-79) ou o case triplo-dobre con 17 puntos, 10 rebotes e 8 asistencias ante o Cibona en Zagreb. Esta actuación levouno a ser nomeado MVP da xornada da ABA. Finalmente, en 12 partidos na competeción, fixo uha media de 8 puntos, 2,3 asistencias e 3,1 rebotes por partido. Tras acabar a cesión, no verán de 2015 fai a pretemporada co Valencia, aínda que finalmente non fica no equipo.
Clubs
[editar | editar a fonte]KK Crvena zvezda (KLS / ABA / EuroCup / EuroLeague, 2010−2015)
KK MZT Skopje (MKF / ABA, 2013−2015)
KK Partizan (KLS / ABA, 2015−2016)
Bàsquet Manresa (ACB, 2016−2017)
CB Estudiantes (ACB / BCL, 2017−2018)
CB Breogán (ACB, 2018−2019)
KK Igokea (KSBiH / ABA, 2019)
Bàsquet Manresa (ACB, 2019−2020)
CB Estudiantes (ACB, 2020−2021)
Plateros de Fresnillo (ACB, 2021)
Real Betis (ACB, 2021−presente)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Liga de Serbia
- Subcampión (3): 2012, 2013, 2016
- Copa Radivoj Korać
- Campión (1): 2013
- Subcampión (2): 2012, 2016
- Liga de Macedonia
- Campión (2): 2014, 2015
- Copa de Macedonia
- Campión (1): 2014
- Liga do Adriático
- Subcampión (1): 2013
- Nike International Junior Tournament (1): 2011
- Xogador da xornada da Liga ABA (2): 2014, 2016
- Medalla de prata no Mundial sub-19 de Letonia 2011
- Medalla de bronce no Eurobasket sub-16 de Lituania 2009
- Sétimo mellor xogador promesa do mundo da FIBA 2011.
- Quinteto ideal do Mundial sub-19 de Letonia 2011.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Valančiūnas, Young Men's Player of 2011". fibaeurope.com (en inglés). 13 de febreiro de 2011.
- ↑ "Valančijunas najbolji mladi košarkaš Evrope, Cvetković sedmi". blic.rs (en serbio). 13 de febreiro de 2011.
- ↑ "Maccabi Electra Tel Aviv–Crvena zvezda Telekom Belgrade 96–82" (en inglés). Euroleague.net.
- ↑ "Lietuvos rytas–Crvena zvezda Telekom Belgrade 75–99" (en inglés). Euroleague.net.
- ↑ "Cvetković na pozajmici u MZT-u" (en serbio). kkcrvenazvezda.rs. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 16 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en acb.com (en castelán)
- Perfil en eurocupbasketball.com (en inglés)
- perfil en fiba.com (en inglés)
- Perfil en draftexpress.com Arquivado 11 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1993
- Nados en Belgrado
- Xogadores de baloncesto de Serbia
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Bases de baloncesto
- Xogadores do KK Crvena zvezda
- Xogadores do KK MZT Skopje
- Xogadores do KK Partizan
- Xogadores do Bàsquet Manresa
- Xogadores do CB Estudiantes
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores do KK Igokea
- Xogadores do CB Sevilla