Aleksandr Bakulev
Aleksandr Bakulev | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1890 (Xuliano) Q15360642 |
Morte | 31 de marzo de 1967 (76 anos) Moscova, Rusia |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
Membro do Consello Supremo da Unión Soviética | |
Datos persoais | |
Educación | Saratov State University (en) Imperial Nikolay University (en) |
Director de tese | Sergey Spasokukotsky (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Cirurgia cardiovascular (pt) , Cirurxía, fisiologia cardiovascular (pt) e política |
Ocupación | cirurxián, político |
Empregador | Bakulev Scientific Center of Cardiovascular Surgery (en) |
Membro de | |
Alumnos | Yevgeny Meshalkin (en) , Vladimir Burakovsky (en) e Viktor Savelyev (en) |
Carreira militar | |
Conflito | Fronte Oriental (segunda guerra mundial) |
Obra | |
Doutorando | Viktor Savelyev (en) e Q59602262 |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бакулев Александр Николаевич) Medvik >>>:Bakulev, Aleksandr Nikolajevič, 1890-, Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
Aleksandr Nikolayevich Bakulev, en ruso Александр Николаевич Бакулев, nado o 7 de decembro de 1890 e finado o 31 de marzo de 1967, foi un cirurxián soviético.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Nado nunha familia campesiña que pertencía ao antigo clan Vyatka dos Bakulevs, Bakulev rematou o ensino secundario e estudou na facultade de Medicina da Universidade de Saratov.
Guerras mundiais e entreguerras
[editar | editar a fonte]Durante a Primeira guerra mundial serviu como oficial médico da Fronte Occidental. En 1938 Bakulev realizou con éxito lobotomías durante o absceso pulmonar crónico. En 1939 gañou o grao académico de Profesor. Realizou lobotomías con éxito durante a actinomicose pulmonar tamén nese ano. En 1943 Bakulev asumiu a xefatura do 2º Instituto de Medicina Pirogov de Moscova. Na Fronte Oriental da Segunda guerra mundial foi o cirurxián xefe dos hospitais de evacuación de Moscova.
Na posguerra
[editar | editar a fonte]En 1948 foi pioneiro en realizar na Unión Soviética a operación para a cura da cardiopatía conxénita. Foi o primeiro en usar radiopacidade na cirurxía do ril durante o transplante de uréteres, realizou a primeira ablación de pulmón con éxito coa canal arterial aberta (1948).
De 1953 a 1960 Bakulev dirixiu a Academia Soviética de Ciencias Médicas. En 1955 suxeriu a fundación do Instituto de Cirurxía Torácica (agora Centro Científico de Cirurxía Cardiovascular Bakulev) do que foi o seu primeiro director.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1958 Bakulev foi elixido como membro da Academia Soviética de Ciencias. Bakulev recibiu a Orde de Lenin, a Orde da Bandeira Vermella do Traballo, a Orde da Estrela Vermella e foi doutor honoris causa da Universidade de Turín.
Notas
- ↑ "НМИЦ ССХ им. А.Н. Бакулева". bakulev.ru (en ruso). Consultado o 2023-09-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksandr Bakulev |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |