Alexander (cóctel)

O cóctel Alexander é unha mestura de bebidas xenebra, o licor de cacao incoloro e nata.[1] O Alexander é a base doutras receitas de cócteis, por exemplo o máis común Brandy Alexander.
Receita
[editar | editar a fonte]A citación máis antiga deste cóctel é un libro de receitas de Hugo Ensslin datado en 1915 no que describe unha mestura por igual dos seus tres ingredientes: xenebra, licor de cacao e nata, todo iso mesturado con xeo picado.
- 1/3 Xenebra
- 1/3 Crema de Cacao
- 1/3 de nata
Axitar nunha cocteleira con xeo picado, coar e servir.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante moito tempo correu o rumor de que foi creado supostamente no momento da voda da Princesa Real e o Vizconde Lascelles, en Londres, en 1922.
Variacións
[editar | editar a fonte]A variación máis común do Alexander é o Brandy Alexander, elaborado con brandy en lugar de xenebra. Do mesmo xeito, o café Alexander substitúe o licor de café (por exemplo, Kahlúa) por xenebra, e un Blue Alexander substitúe curaçao azul pola crema de cacao. Existen outras variacións.[2]
No 'Manual de Jack' (1910) hai outro cóctel chamado The Alexander, é unha mestura de Rye Whisky e Bénédictine non está claro se isto ten algunha relación coa versión a base de crema.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Castellon, Fernando (2005). Cócteles. Spes Editorial. p. 116. ISBN 84-8332-621-3.
- ↑ "Drinknation.com: Alexander variations". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2009. Consultado o 12 de febreiro de 2013.
- ↑ http://summerfruitcup.wordpress.com/2011/01/24/brandy-alexander-i/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexander ![]() |