Saltar ao contido

Aleksandr Blok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alexander Blok»)
Modelo:BiografíaAleksandr Blok

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Александр Александрович Блок Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1880 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de agosto de 1921 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteendocardite Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLiteratorskie mostki Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Rusia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, filósofo, xornalista de opinión, escritor, tradutor, dramaturgo, crítico literario Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoElexía, poesia narrativa (pt) Traducir e epistolografía Editar o valor en Wikidata
MovementoSimbolismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaBlok (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLjubow Dmitrijewna Blok (1903–) Editar o valor en Wikidata
FillosAleksandr Kuleshov (presumiblemente) Editar o valor en Wikidata
PaisAleksandr Blok Editar o valor en Wikidata  e Alexandra Beketova Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:3 : Бари — Браслет, sec:Блок Александр Александрович, p.423)
Concise Literary Encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX920782 Musicbrainz: 0fdd5c78-b73b-44fe-a10b-50a0e3bb32ef Discogs: 1400119 IMSLP: Category:Blok,_Aleksandr Find a Grave: 9454905 Editar o valor en Wikidata

Aleksandr Aleksandrovich Blok (en ruso: Александр Александрович Блок), nado en San Petersburgo o 28 de novembro de 1880 e finado na mesma cidade o 7 de agosto de 1921, foi un poeta ruso representante do simbolismo no seu país.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido no seo dunha familia de intelectuais refinados descendentes de Johann von Blok, quen fora médico persoal do tsar, súa nai, A. A. Beketova era escritora e seu pai foi profesor de dereito en Varsovia e máis tamén seu avó materno fora reitor da Universidade Estatal de San Petersburgo. Seus pais separáronse pouco despois de el nacer, vivindo el a maior parte do tempo co seu avó materno A. N. Beketov nas súas propiedades de Shakhmatovo, preto de Solnechnogorsk, a uns 65 quilómetros de Moscova. A súa nai volveu casar cando el tiña nove anos e o rapaz foi vivir coa parella pasando os veráns co seu avó. A lectura da filosofía de Vladimir Soloviev e da poesía de Fiodor Tiutchev e Afanasi Fet foi a principal influencia dos seus primeiros escritos, que aparecerían posteriormente no libro Ante Lucem. En 1903 casou con Lyubov Dmitrievna Mendeleeva, filla do recoñecido químico Dmitri Mendeleev, figura na que se basea para escribir o seu primeiro libro publicado Versos sobre a fermosa señora (1904-1905) no que transfigura á súa dona no ideal do eterno feminino. As imaxes místicas e idealizadas deste o seu primeiro libro fixeron del o cabeza dos simbolistas rusos. Durante o último período da súa vida enfatizou máis os temas políticos, salientando o destino mesiánico do seu país: Vozmezdie (O castigo, 1910-1921),Rodina (A patria, 1907–16); Skify (Os escitas, 1918). Influenciado polas doutrinas de Soloviev, adquiriu temores de tipo apocalíptico alternando entre a esperanza e o desespero. Púxose de parte da revolución rusa pero para 1921 estaba desilusionado con ela.